O MISTERIO MARIÑO. UNHA POÉTICA DE MAR DE FONDO Carmen Blanco
A miña filla Mariña, concibida na auga. A fonte que en mar en min aboia non verte en claros días o seu canto. ¡Sabe a noite o que leva dela soia! María Mariño Son a nena que no bosque escoitaba o mar dela Ondada ondada ao mar
O MISTERIO MARÍA MARIÑO Na lapela de Palabra no Tempo que presentaba ao mundo a poeta María Mariño, Uxío Novoneyra dicía certeiramente que a súa era ?Unha poesía de són esencial (?) donde o misterio nos chega?. E, achegándonos a esa esencia mariñá, en ?O misterio María Mariño? (Blanco 2007c: 120129) xa temos explicado, dentro das nosas posibilidades, o profundo atractivo do enigma esencial que envolve á poeta María Mariño, un escuro arcano que nos seus sombrizos versos se acocha no angustioso avalar entre o Non e a Esperanza. E, sen dúbida, esta marea existencial arelante onde atopa o seu lugar máis propio de expresión é no mar, precisamente o seu mesmo lugar de nacemento. O MISTERIO MARIÑO E así, no centro mesmo do misterio da poesía de María Mariño hai un fermosísimo misterio mariño que a define precisamente como O Misterio Mariño, que a un tempo explica e dá orixe á súa voz. O MISTERIO DO MAR NOIÉS ORIXINARIO E esa orixe misteriosa está no mar de Noia do nacemento da autora, no mar noiés que olla e que ela olla. Un mar que olla, como ollan de lonxe os tesos cumes do Courel de Novoneyra. Como é sabido, María Mariño Carou naceu en Noia o oito de xuño de 1907, onde viviu ata 1926. A súa mariñeira vila natal está moi presente na súa obra e incluso aparece de maneira explícita no poema titulado «Noia» de Palabra no Tempo. Nel a poeta canta a omnipresenza auroral esperanzada do mar noiés que lle dá vida, estendéndoo á esperanza humana eterna gardada no solpor das Rías Baixas galaicas, a través das ribeiras noiesas tranquilas e antigas que agardan sempre ?un mar i outro mar?, abertas á vida
7 Nº 368