DO LUGAR. RECREACIÓN DA MAR CALMA DE NOIA NA VOZ DE MARÍA MARIÑO Ana Romaní
?O lugar é o punto ou o centro sobre que se circunscribe universo? (José Ángel Valente)
Hai un Lugar na voz poética de María Mariño, sempre en preamar con mulleres como puntos suspensivos e barcas inmóbiles, ancoradas as súas redes. Hai un lugar, o lugar, que non é paisaxe, nin natureza, nin patria, que tal vez sexa infancia ou tal vez o desexo da voz e do poema ou quizais non exista porque no poema nada existe previamente faise nel. O lugar é pois na voz. E atravésaa. Na poética da disolución (X. L. Méndez Ferrín) de María Mariño hai tamén un camiño de indagación, de procura, unha necesidade de saberse. A voz disgregada buscase, recrease na palabra e para iso convoca o lugar que a conforma, iso que ela pode nomear. O suxeito desposuído (Arcadio López Casanova) busca o seu sentido ultimo nunha viaxe que é traxectoria en profundidade mais que desenvolvemento no tempo e no espazo. A procura faise no tempo mesmo do dicir porque nel están os tempos todos, os espazos todos. Dende a afirmación inicial de Palabra no Tempo ?Son aquela!? á interrogación de Verba que Comenza ?¿Quen eres ?preguntaranchequen eres?? a escritora emprende un labor de escavación na materia do poema que é ao fin tamén ela mesma disgregada. María Mariño recrease, volve a crearse, no poemamundo. E non bate o mar. Porque a infancia tecedeira de María Mariño é nun mar sen ondas, ?a mar calma? de Noia. A fosa de auga quieta de Noia e a fosa de altura do Courel fosas as dúas enmarcan o proceso de construción disolución da voz poética de María Mariño, unha nena muda que se recoñece na ribeira, entre cálculos adolescentes e verbascontas, vai tomando corpo no corpo do poema.
Son aquela! Son aquela sempre soia Que paseaba a ribeira A ver si nela atopaba, A ver si nela afogaba. (PnT) ¿Quien era a niña que en la montaña en su voz cantaba lo bello pasado de su ribera en pleamar? (MAT)
A nena agarda, a nena reconstruída no poema agarda no Courel a vida que non foi. Procura. Urde. E todo conflúe no lugar da voz. A confluencia de contrarios que non
103
Nº 368