Vida Oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
vellos que o falaron toda a vida e para os centos de miles de rapaces, mozos e adultos que o estudiaron e que tiveron que acreditar en exames o seu dominio. É coma se os nosos representantes puidesen eximirse do que lles esixen ós seus electores. Ninguén debía poder acceder a un cargo público en calquera administración e en calquera nivel se non acredita con feitos que está en condicións de se expresar con fluidez, e con corrección, en lingua galega oralmente e por escrito. Fluidez e corrección parecen esixibles por igual. 10.? Debía debaterse se é a Lei ou algunha norma de rango inferior quen ten que prevelo que se debe facer en caso de incumprimento manifesto e reiterado da Lei. 11.? A actual Dirección Xeral de Política Lingüística debía ter competencia sobre a actividade de tódalas Consellerías, ben dándolle rango de Vicepresidencia, ben pasando a formar parte da Consellería de Presidencia, para que toda a acción institucional teña o mesmo compromiso de promoción da lingua galega. E certamente debe estar dotada de medios económicos suficientes, evitando a continua diminución de recursos dos últimos anos. A Academia saúda os novos representantes do pobo galego e deséxalles éxito na súa actuación para ben de toda Galicia. A Coruña 22 de outubro do 2001.
373
Nº 363