Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Elementos cósmicos e da natureza (arco da vella, sol, estrelas... arbres, aves e paxaros, froles, leiras, mar) constitúen unha escenografía na que se sitúa tamén a casa, o mundo rural e o dos soños: o centro de todo é ese ti co que o falante lírico dialoga, celebra a súa existencia, idealiza o seu ser e recrea amorosamente a súa presenza. Salientemos a nota de algareira ledicia, a habilidade versificatoria, a xusteza de ton ao rexistro imaxinativo infantil, a fecundidade imaxinativa do mundo dos soños, o dinamismo e mobilidade internos do poema e os constantes xogos de sonoridade. Todo isto, engadido á limpa inxenuidade da expresión, á naturalidade emotiva e ao agarimo sentimental e imaxinativo fan de Roseira do teu mencer un libro moi fermoso, unha homenaxe á infancia, un poemario de moi puro aire e devoción paterna; un libro inusual na poesía galega e para nada menor. 3. Cancioeiro de Monfero (1953). Este sorprendente poemario, homenaxe (e heterodoxa recreación) ao neotrobadorismo, posúe un particularísimo historial, hoxe ben coñecido, que parte da condición de apócrifo do Cancioeiro (só parcialmente reproducido) que trae a novidade de xograres ?descoñecidos? como o Riandiño, ao que seguen varios anónimos. Trátase, en definitiva, dun divertimento que manifesta un tanto o espírito humorístico, burleiro do escritor, que tivo que divertirse abondo xa ao escribir o ?Limiar? no que atopamos unha insólita ?fusión? lingüística e unha manifestación antiacademicista con aire paródicoburlesco. O neotrobadorismo pasa de ser armazón formal e léxico nalgúns poemas a se converter en recreación autónoma, independente, a xeito de epílogo dos cancioneiros medievais e fito dos nosos apócrifos poéticos. 4. Canle Segredo (1976). Cuarto e derradeiro poemario do escritor, do que hai unha primeira versión en 1953 e outra en 1954 con dous poemas máis; con ela obtén o libro o premio Eduardo Pondal de poesía do Centro Galego de Bos Aires nese mesmo ano. A derradeira versión, primeira das publicadas, datada en 1976, suma tres novas composicións. A negativa do poeta a deixar que o Centro Galego publicase o libro nas súas Edicións Galicia, o incumprido propósito de publicalo na súa Ed. Monterrey, na colección ?Leixado no vento? (?leixado do vento quedou?, confesará o escritor no Limiar de 1976), os máis de vinte anos entre xestación e publicación, os poemas engadidos nos anos 1955, 1965 e 1973 de acordo coas precisións do seu fillo Xosé Mª Álvarez Cáccamo16, a publicación dalgunhas mostras illadas do poemario en revistas como Alba (1948), de GonzálezAlegre17, ou nas portuguesas Céltica ou Quatro ventos, todo iso pertence ao currículo do poemario que apareceu, en formato de minilibro, como nº 2 da colección Pico Sacro de Editorial Castrelos, fundada en 1964 e dirixida por don Xosé María, xeneroso coas voces mozas daquela; de feito Canle segredo vai precedido por un libro de Darío X. Cabana e seguido doutro de Vicente Araguas. Convirá lembrar que Canle segredo era o fillo poético predilecto do poeta: ?Da miña propia poesía prefiro a
29 Nº 369