BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida Oficial da RAG
4.?
5.?
6.?
7.? 8.?
9.?
desgaleguización en territorios e ámbitos tradicionalmente galegófonos. Unha nova Lei ten que controlalos usos nocivos para identidade galega destas novas ferramentas e impulsala presencia nelas da lingua galega. Na nova lei a toponimia debe ter maior precisión. Debe deslindarse de quen é a autoridade en materia de lingua, para evitala contradicción actual de que esta parte da lingua estea sendo dictaminada polo Goberno galego, a través da súa Comisión de Toponimia, na que a Academia nin sequera está actualmente presente como institución. A Academia recoñece a competencia científica dos lingüistas da Comisión de Toponimia pero desexa que esta ambigüidade se resolva. Unha parte importante do Dereito, en expansión, é a dos dereitos civís e mercantís. No primeiro, por exemplo, non se prevé a presencia de inmigrantes, que vai ir a máis. Os seus dereitos e a política de integración deben ser vistos nunha interrelación dende as instancias públicas. No eido mercantil a lei actual non entra neste asunto, por iso aínda perviven conflictos coma os dos Rexistros Mercantís, de competencia estatal, que actúan ó arbitrio de cada titular. O ámbito xudicial rexistrou nestes dezaoito anos importantes modificacións lexislativas que tamén afectaron ás linguas. Cumpría incorporar ó novo texto, cun sentido harmonizador, as precisións lexislativas (Lei Orgánica do Poder Xudicial, Lei de Axuízamento Criminal etc.). Os milleiros de expedientes que se examinan e sancionan no ámbito contencioso administrativo e unha parte substancial dos actos xurídicos documentados nas notarías polos diferentes departamentos da Xunta fanse en castelán. Cumpría que os servicios xurídicos da Xunta de Galicia tramitasen de oficio en lingua galega tódolos expedientes perante as diversas xurisdiccións e que, no seu caso, solicitasen que o Tribunal dictase sentencia en lingua galega. Cumpría ter en conta tamén os cambios que experimentaron as regulamentacións da Administración Local e estatal. O futuro da lingua galega non se xoga exclusivamente no eido cultural. A empresa é un sector prestixioso e prestixiador e, en consecuencia, aquelas empresas que reciban algún tipo de axuda económica por parte do Goberno Galego virán obrigadas a impulsa?lo uso da lingua galega no conxunto da súas actividades de xeito que se deberán comprometer a teren en galego polo menos a) contratos dos traballadores e nóminas, b) rotulación da empresa, c) etiquetado e publicidade para Galicia. Agradécense os esforzos que algúns cargos públicos electos ou designados fixeron para falaren o galego no exercicio da súa función. Sen embargo, 18 anos despois da actual Lei, comparecen ás veces ante os medios de comunicación persoas que chapurrean con tanto esforzo, que producen unha impresión penosa para os
Nº 363 372