Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
vivificación (base do hilozoísmo), determina as imaxes (lóxicas as máis, visionarias as menos) e visións. Así: ?Na escudela do luar? (cousificación) ?O pranto dos seus outos violoncellos? (humanización) ?A noite cega chora...? (humanización) ?Oxe está a cantar o ceo? (humanización) ?O río é... anguía a nadar? (zoomorfización) ?A cabuxa lúa? (zoomorfización), etc. O visionarismo está presente en ?Gando?, na imaxe ollosvacuriños que enfía as tres partes do poema como principio estrutural interno. ?Foguetes? é, por todo, un poema de filiación amadocarballista, o mesmo que ?Río?. A pegada de García Lorca (aínda co tópico da Garda Civil) está no ?Romance do afiador? e igualmente no ?Romance da chuvia?, ambos os dous coa parte dialogada, tan de Lorca, e a súa traxicidade. No abano de temas e motivos do libro, o amor é o primeiro en aparecer. Trátase neste caso dun motivo poético, dun eixe sentimental soñado, celebrado, idealizado. ?Gando? é, ao respecto, a composición de meirande interese, aínda que xa en ?Ti? temos algunha fermosa paisaxe visionaria:
?Rulas levians no vô lizgairo das tuas mans.?
Mais é a paisaxe ?de tan fonda tradición na nosa lírica? (natureza, cosmos, figuras, folclore, mar...) a constante máis evidente destes versos: retorna a tradición agora revestida de nova retórica (as imaxes, de orixe vangardista) e dunha métrica que, con excepcións como ?O río? ou ?Filla? ou ?Ceo de vran?, nas que hai unha certa polimetría e inusuais dodecasílabos, asume a tradición. En fin, certa novidade contén ?Filla?, onde o poeta declara o misterio e o segredo da conmoción que un novo ser, coa súa soa presenza, representa para quen lle deu vida. Este lirismo familiar, aquí anticipado, volverá con moita máis amplitude no posterior libro do poeta, Roseira do teu mencer (1950). Ledicia e tristeza, sensorialismo e sentimentalidade (saudade), literatura e paisaxe, natureza e figuras, soño e realidade, elementos cultos e populares (estes tratados ao novo xeito, na recreación neopopularista) conviven neste libro que é de primeira xuventude (varias, numerosas composicións son dun mozo que beirea os vinte anos) e, por conseguinte, un paso de iniciación, unha declaración de aprendizaxe onde a vida ecoa apenas e a literatura está ben patente como modelo a imitar. Acerta en boa medida Varela Jácome15 ao escribir que a voz do noso poeta era ?trasunto de Amado Carballo y la influencia formal de los Cancioneros medievales?; esta consideración, feita en 1951, exclúe dende logo Canle segredo e non contempla a tendencia de recreación do popular á que don Xosé María foi tan proclive. En suma: algo
27 Nº 369