BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
e de min (1949), entenderemos as circunstancias distorsionantes que, no cronolóxico, padeceron polo menos tres dos seis poemarios (contando os dous en castelán) que o noso poeta escribiu; feito que non pasa desapercibido a Xavier R. Baixeras ou a Xosé M.ª Álvarez Cáccamo nas máis recentes edicións desta poesía (1987 e 2007). Unha aproximación caracterizadora dos poemarios galegos do escritor pasaría polas seguintes observacións. Poemas de ti e de min (1949). Na pontevedresa ?colección do pirata? Benito Soto, auspiciada polo trío editor Sabino Torres, Celso E. Ferreiro e E. Álvarez Negreira, aparece o que constitúe o primeiro poemario galego de lingua do noso escritor. Libro fraterno, compartido a cara e cruz con outro poemario, este do seu irmán Emilio. Preceden aos poemas cadansúa nota biobibliográfica dos irmáns e un gabancioso comentario11 ??Unha leda poesía?? de Salvador Lorenzana (daquela pseudónimo moi empregado por Fernández del Riego) dirixido aos poetas irmáns. Na voz de don Xosé María salienta a visión emotiva da paisaxe, a luz e a cor dos versos, a veciñanza de Amado Carballo e Xoán Bautista Andrade, así como ?as súpetas raiolas das metáforas? e o son que agarima ?a brandura dos versos?. Posteriormente, a crítica sitúa o poemario nas ringleiras da escola imaxinista, rexistrando (así, Rodríguez Baixeras) ?certo sabor lorquiano? das metáforas e, conxuntamente. ?a sinxeleza e inocencia da poesía popular?12. Pola súa parte, Méndez Ferrín13 lembra do libro ?os versos dondos, as cantigas bolboreta, as frases pálidas como paxariñas de papel? e aínda o substrato popularinfantil de varias cancións. Este conxunto poético posúe unha estrutura externa tripartita e asimétrica (7+3+9 composicións) que reaparecerá en Canle segredo. Son, en total, 19 composicións se consideramos que ?Notas? é unha delas, cando en realidade está formada por doce poemiñas mínimos (3 ou 4 versos cada un). Poesía toda ela de metro e rima, case na súa totalidade cinxida ao verso de arte menor (con certo predominio do octosílabo) e asonancia na rima. O poema adoita ser estrófico (poliestrófico), sexa monorrimo ou polirrimo. A cronoloxía das composicións é variable. ?Limiar? está datado en Baión en setembro de 1934. ?Amigo? escribiuse en agosto de 1941. ?Romance de afiador? e ?O merlo poeta? apareceran en Cristal (19321933). O poema ?SantYago? figura no xornal El Compostelano (15VIII1934). É case seguro que o escritor reuniu este feixe de composicións xuntando un material xa escrito, esparexido ao longo de varios anos. O máis serodio é ?Filla?, escrito en 1949, de acordo con afirmación de Darío X. Cabana14 e dedicado ao nacemento de María Luisa naquel mesmo ano. Amado Carballo é unha omnipresencia: imaxes, ton, motivos, lingua. ?Limiar?, coas súas catro partes, é debedor claro de ?A nosa bandeira?, de Proel (1927), no que se refire ao modelo compositivo formal. O neotrobadorismo informa en todo ?Amiga? e deixa pegadas en ?Amigo? e algunhas outras. A interpenetración ou cambio de elementos, seres, cousas, feitos en procesos de personificación, zoomorfización, cousificación ou
Nº 369 26