Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
de verdade escribiron pouco e a modo?7 e identificado co seu específico quefacer en Canle segredo, onde se desprende de influxos de estética e expresión ben marcados e delimitados, que é un escritor que se incorpora á chamada Xeración de 19368 na que atopamos poetas como Cunqueiro, Carballo Calero, A. Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, Luis Seoane, Xosé Díaz Jácome, Xosé Mª Díaz Castro, Eduardo Moreiras, Miguel G. Garcés ou Lorenzo Varela entre outros; é a xeración que comparece en revistas literariopoéticas (décadas 1940 e 1950) como Aturuxo, Alba9, Mensajes de Poesía, Sonata Gallega, Xistral, Posío, Númen, Gelmírez e algunha outra; a que figura tamén ?con moi salientable participación do noso poeta? nas páxinas do ?Suplemento? dos sábados de La Noche (1949), que se coordinaba en Vigo; a que participa directamente no Partido Galeguista militando nas súas Mocidades e colabora nas páxinas de Nós (19201935) e nas actividades do Seminario de Estudos Galegos (1923). Por descontado, está presente na xeira de Galaxia (1950) e na iniciativa editorial de Bibliófilos Gallegos. Xeración ferida pola Guerra Civil, sobrevive ?perdidas, clandestinas, exiliadas as raíces do galeguismo? na década máis dura do período franquista ou no exilio nas Américas, onde Bos Aires funciona como capital cultural e centro de resistencia política. As feridas do desastre de 1936 tiveron graves consecuencias familiares, persoais e ata culturais para don Xosé María e niso teñen reparado os seus biógrafos. Non conseguiu senón comezar os seus estudos universitarios e no seu traballo de creación literaria houbo un baleiro de varios anos (referímonos concretamente á súa poesía). Como poeta, a súa traxectoria coñece, en alternancia lingüística galegocastelán, dous estadios: un, inicial, de primeiros exercicios líricos e tentativas durante a década de 1930. Rexistramos, neste período, un libro primeirizo como Abril (1932), froito da paixón poética de anos de adolescencia. Do bienio 193234 son as composicións que conformarán a parte de Poemas de ti e de min pertencente a don Xosé María. Con posterioridade, na mesma década, poemas soltos na pontevedresa, requintada, amadocarballista (e lorquiana) Cristal (19321933) onde publica unha ducia de poemas breves, tres deles en galego: ?O merlo poeta?, ?Inmensidade? e ?Romance do afiador?. Poemas da súa autoría témolos así mesmo en Númen (Vigo, 1943), algúns deles na órbita do neotrobadorismo e con anterioridade en Spes (Pontevedra, 1934). Na década de 1940, ademais da xa citada Númen, outras revistas publican os seus poemas; así, Alba (A Coruña, 1948) ou Cartel (Vigo, 1948)10. A segunda e definitiva xeira que representa o madurecer lírico do poeta, proceso que calla no lirismo de Canle segredo, vai dos anos 1949 a 1955 aproximadamente, cando publica o citado Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioeiro de Monfero (1953) e remata Canle segredo en 1954, malia a serodia realización editorial do libro, que só chegará en 1976. Se temos en conta que a súa derradeira entrega poética, Sonetos del alba insomne (1995) é de publicación póstuma, mais xa está mencionada como ?El alba insomne? (poemas) na nota biobibliográfica de Poemas de ti
25 Nº 369