BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
poemas galegos nas páxinas de Cristal, que fundou ao carón do seu amigo e poeta Xoán Vidal Martínez; o ingreso na Federación de Mocedades do Partido Galeguista (1933); a sobrevivencia nos anos da contenda e o seu posterior desterro en terras de Zamora (1936) por separatistagaleguista, así como a perda de Os ruins, un feixe de contos que desaparece ao desaparecer Nós (o prelo de Ánxel Casal en Compostela) nos tempos da guerra son liñas do proxecto humano, intelectual e ideolóxico de quen tivo que traballar arreo noutras ben diferentes áreas para manter a súa familia en décadas de radicais e múltiples dificultades para galegos e españois en xeral. Das lecturas, da formación lectora en materia literaria de don Xosé María temos constancia polo menos en dous textos da súa autoría. No primeiro, un ?inquérito? que redacta Filgueira Valverde para unha futura escolma de poesía galega, teima na súa predilección polos Cancioneiros medievais: ?No galego, prefiro os Canzoeiros... é percisa unha volta aos Canzoeiros?, ao tempo que se declara lector múltiple e caótico: ?As leituras numerosas, mais desorganizadas?3. Isto confesa en 1935. Algo máis preciso é algúns anos despois, nun escrito de autopoética nunha ben coñecida escolma poética de Fernández del Riego4, no que fala do seu interese pola Rosalía do íntimo e polo Pondal ?máis descriptivo?, reitera a importancia dos Cancioneiros medievais e omite a opinión sobre os seus coetáneos, declarando porén que ?dende o século XIII, non se deu en Galicia un movimento lírico de tal fondura e ampritude coma o presente? sen especificación ou concreción ningunha de nomes ou correntes. En castelán foi lector de García Lorca (ao que coñeceu e tratou en Pontevedra, nos anos trinta, nos tempos de Cristal), Frei Luis de León ou Antonio Machado, mentres que dos portugueses cita a Antero de Quental e Teixeira de Pascoaes. Estivo interesado no ?misterio? do lirismo popular e, dende logo, conectou co imaxinismo de Amado Carballo, coa lírica neopopularista e co ton e aire lúdicos dunha parte da vangarda. A pegada dos Cancioneiros galegoportugueses está esparexida por varias das súas composicións e chega ao cumio da imitatio, do remedo feliz e embromado (brincadeira ou arlotada poética) no seu sorprendente Cancioeiro de Monfero (1953), un fito imaxinativo certamente insólito, froito dun espírito transgresor, irreverente, mais tamén dun poeta dotado dunha capacidade mimética (en lingua e estilo) realmente asombrosa. Neotrobadorismo5, hilozoísmo (ou imaxinismo) amadocarballista, neopopularismo, co ecoar de García Lorca, Amado Carballo, Antonio Machado ou Xoán Bautista Andrade, son liñas iniciais que non esgotan o ronsel da voz lírica do noso poeta, que xoga coa raíz popular (folclórica, festiva), coa veta do social (crítica, sátira contra a enfermidade moral dun sector da sociedade que lle tocou vivir ou defensa dos marxinados e das vítimas) e, finalmente, co lirismo intimista, terreo no que adquire o seu máis feliz e persoal acento poético, chegando aínda ao lirismo existencial, á expresión angustiada, desacougada, que levará ao cumio a chamada ?escola da Tebra?6. Lembremos aquí, neste apartado de observacións previas á análise dos poemarios de don Xosé María, sempre partidario da contención creativa, pois ?os (poetas) que o foron
Nº 369 24