BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Para rematar, cómpre dicir que ademais desta achega ao mundo das letras, a nosa familia contribuíu coa súa obra plástica á cultura galega: Álvaro Álvarez Blázquez que ademais de ofrecernos a súa obra persoal, non moita, fundamentalmente escultura, foi un arrizado difusor da obra dos pintores e pintoras da nosa terra, espallando por Galiza as serigrafías que se elaboraban no seu obradoiro onde, por certo, durante uns meses traballou o xenial Urbano Lugrís. A máis nova da cuarta xeración, Berta Álvarez Cáccamo e o meu curmán, da quinta xeración, Darío Álvarez Basso, ambos con proxección internacional, realizaron exposicións en galerías galegas, españolas, europeas ou americanas, e ademais de conquistar importantes galardóns, ven a súa obra pendurada en museos, nos máis prestixiosos museos de Galiza, de España e en numerosas coleccións particulares do mundo enteiro. Dei con estes datos, unha rápida visión da nosa achega á cultura galega ao longo de tres séculos. Estou completamente convencido de que seguiremos traballando a prol dela e de que os nosos descendentes non deterán as engrenaxes da maquinaria, que a cheminea seguirá fumegando fumes brancos, grisallos ou negros se a situación o require durante outro século máis, polo menos.
BIBLIOGRAFÍA
Emilio Álvarez Giménez (Puebla de Sanabria, 1830Pontevedra, 1911). Blas el armero, ?, 1855 (Drama en tres actos, estreado en Madrid no Teatro Variedades). Un secreto y una lección, Pontevedra, Imprenta Ramón Núñez Pazos, 1861. A bordo del Numancia, Pontevedra, Imprenta El Siglo, 1866. Payo Gómez Chariño, Pontevedra, Imprenta El Siglo, 1867. El manojo de espigas, ?, 1878. En la piedra de toque, Pontevedra, Imprenta de Julio Antúnez, 1878. Judith o la heroina de Betulia, Pontevedra, Río y Micó, 1906. A rajatabla, juguete cómico, ?, 1908. Matilde o la hija bastarda. Drama, ? El brujo, ? Una palabra de honor, ? Estudio sobre las faltas de(l) lenguaje que se cometen en Galicia, Pontevedra, Imprenta de José Antúnez y Compª, 1870; 2ª ed, Los defectos del lenguaje en Galicia y en la provincia de León, Pontevedra, Imprenta y Com. de A. Landín, 1872; 3ª ed., idem, Valladolid, Imprenta y Librería de Andrés Martín, 1909 [Edición ?corregida y aumentada?]. Oda a Pedro Calderón de la Barca, Pontevedra, Imprenta de José Millán, 1882. Biografía de Fray Martín Sarmiento y noticia de sus obras, Pontevedra, Imprenta José Millán, 1884. Refranes gallegos explicados en castellano, ?, 1897. Humildes, Pontevedra, Imprenta Viuda e Hijos de Carragal, 1900. Literatura preceptiva o Retórica y Poética, Pontevedra, Librería de Andrés Landín, 1904. Refranero agrícola y metereológico gallego, Pontevedra, Imprenta de Antonio del Río y Micó, 1904. MariCastaña. Unha revolta popular, Cadernos da Escola Dramática Galega, A Coruña, 1984.
Nº 369 40