Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
mais a fábrica literaria viu saír constantemente o fume branco da aceptación, o fume grisallo da dúbida ou o fume negro da furibunda crítica polo curuto da nosa cheminea. Citarei, como membros máis destacados, para ofrecer unha rápida visión da achega familiar á cultura galega, os seguintes membros: 1ª Xeración Emilio Álvarez Giménez (Puebla de Sanabria, 1830 Pontevedra, 1911), autor teatral, poeta, xornalista e importante teórico da Literatura. 2ª Xeración Xerardo Álvarez Limeses (Pontevedra, 18711940), poeta e humanista. Darío Álvarez Limeses (Pontevedra, 1877 Tui, 1936), xornalista crítico contra o caciquismo, humanista impulsor de importantes iniciativas culturais e de progreso, como a creación do Instituto de Tui, e que foi fusilado polas forzas fascistas rebeldes sublevadas contra o Estado de dereito. Xosé Álvarez Limeses (Pontevedra, 18921936), articulista. 3ª Xeración Xerardo Álvarez Gallego (Ourense, 1899 Miami, 1986), xornalista e biógrafo. Darío Álvarez Blázquez (Tui, 1910 Vigo, 1979), articulista, novelista e biógrafo. Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 Vigo, 1985), sabio erudito, poeta, xornalista de opinión, biógrafo, novelista, etnógrafo, arqueólogo, historiador, antólogo, ensaísta, editor? Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919 Vigo, 1988), poeta e xornalista. Álvaro Álvarez Blázquez (Tui, 1923 Vigo, 2004), artista e divulgador da plástica galega. Emilio Álvarez Negreira (Pontevedra, 1926 2002), poeta. 4ª Xeración Darío Álvarez Gándara (Tui, 1936), novelista. Alfonso Álvarez Gándara (Vigo, 1939), xornalista de opinión. Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950), poeta, narrador, ensaísta, articulista e biógrafo. Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952), narrador, articulista, poeta e biógrafo. Celso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1958), poeta, articulista e sociolingüista. Berta Álvarez Cáccamo (Vigo, 1963), artista. 5ª Xeración Darío Álvarez Basso (Caracas, 1966), artista.
37 Nº 369