BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
26
27
28
29
30
31
32
33
34
gr. zarraleiro, 1477 Pontevedra; CVFLG: 391), no s. XIX aínda oscila entre serralleiro e cerralleiro (Pintos), e finalmente acomódase en gal. mod. como cerralleiro; respecto de zurrador (port. surrar prefírese a zurrar), atopamos aínda en Pintos surra 'zurra', pero as formas comúns en gal. son zurrar e zorregar. Posiblemente nos estea informando tamén do / ?/ en canibelaleba, co que teriamos datos da vocal radical deste verbo da CI, pero neste caso hai o problema engadido de que intercambia as sílabas finais: bela / leba. Pasou ós diccionarios galegos do s. XIX e principios do s. XX, ben en exclusiva (F. J. Rodríguez), ben en concorrencia con outras variantes (Valladares, Filgueira, Carré) (vid. DD: s.v.). Cfr., incluso, surziron (< lat. SARCIRE), que hoxe varía diatopicamente entre o tradicional e etimolóxico surzir e o moderno, acaso por castelanismo, zurzir (tamén port. ). Aínda que a palabra está grafada co signo X, parece evidente que de usalos grafemas convencionais empregaría o mesmo ca en luz, boz e faz, que non están en posición de rima. A existencia dunha oposición /s/:/s/ nesta posición na Idade Moderna está avalada pola evolución a /s/:/?/ nos sistemas non seseantes, pero non se debeu perder ó mesmo tempo en tódalas variedades lingüísticas. Non é doado saber se esta era a forma «normal» ou se está forzada para facer un xogo de palabras con cas 'cans'. Este rexistro permite establecer que panchoses é forma seseante a partir de panchoz(es) e non un plural hipercaracterizado a partir de panchó(s) (que na hipótese agora en entredito se facía derivar dun diminutivo en OLU; vid. Ríos Panisse 1977: 267). En consecuencia, a forma normativa debe ser panchoz, suficientemente documentada, e non panchó (vid. VOLGA). Probablemente se usase sobre todo en plural, o que explicaría tódolos problemas que xorden tanto a propósito do seu plural coma do seu singular. Para o plural atópase hoxe tanto mantés e manteles (explicables a partir de mantel), coma formas con dobre morfo (manteses e mantenses, o primeiro moi frecuente, coma se o sg. fose mantés ou manténs). Para o singular, ademais de mantel, rexístrase mantén (a partir de mantés ou manténs), e incluso mantés, manteses (DD: s.v.). O termo só se nos presenta en forma masc., que logo se tornaría pouco usual porque na maior parte de Galicia pasou a ser ocupación de mulleres. Hoxe en Pontevedra e en xeral na costa
35
36
37 38
39
40
41
42
pontevedresa recóllese tecedeira, con algún que outro punto illado de tecelana (ALGa: cuest. 120). Non hai contradicción co dato do texto, pois segundo testemuña Sarmiento (CVFG: 353), a fem. tecedeira correspondía masc. tecelán (cfr. port. tecedor, tecelão / tecedeira; no texto, barredeira, de varrer 'a que varre', acaso lexicalización do fem. de varredor). A situación actual dada polo ALGa (II: 226, 230, 234), ten fondas raíces históricas, rastrexables a través de Sarmiento (Álvarez 1997: 137) ata a época medieval (Álvarez & Xove 1998: 4345). Sempre que en non se entenda que por fonética sintáctica s se perde ante s, coma en o[s] sacaron (advírtase, sen ser determinante, a existencia ou non de espacio). Se a interpretación do espacio en branco xebrándoa da palabra anterior é correcta. «A este meniño lle sen os ollos que burgan, para ponderar su hermosura, lucimiento, brillantez, etc. (...). Sé, sen. Verbo en singular y plural por asentarle bien y con aseo, v. g.: esto a Pedro lle sé ben, estos adornos lle sen lindamente» (CVFLG: 418), «Sé en tal parte. (Está en tal parte) allí» (CVFLG: 442). Segundo Maia (1986: 817818), estas formas desapareceron da lingua literaria común no s. XVI, pero quedaron nos niveis sociolingüísticos máis baixos, como evidencia o uso de Gil Vicente para retratalos rústicos. A iso de debía referir Sarmiento ó dicir «EÒ BURGO PEQUENO. Eô es diptongo», a pesar da grafía con . De por parte, el mesmo escribe de xeito diferenciado «Y esto» e «E, isto» (vid. Álvarez 1997: 141). Para Sarmiento, o chôco «es como xibia con tinta y conchita pero menor que ella y mayor que la lura, a lo cual se parece en lo prolongado del cuerpo» (CVFG: 228), e con anterioridade dá como variantes xiba e xibia (cast. jibia, CVFG: 227). Pintos fai equivaler choco con 'sepiola' e jiba con 'jibia' (DD: ss.vv.). «Panchoces e xardas, polvos e badexos, burazes e sollas, escachos e reos» (copla 114), e aclara en nota «Panchoces son unos pescaditos de barriga ancha. [...] Buraces creo son los panchoces, y con muchas espinas» (CVFG: 452). Cuveiro dá panchoz como variante pontevedresa da coruñesa pancho, que define como «dentón, pez parecido al besugo, pero más pequeño y de buena sustancia. Sparus dentex», pero Pintos xa só acollera pancho (DD: s.v.). En xeral, a lexicografía galega identifica pancho e panchoz como
Nº 363
310