BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
NOTAS
1 Para unha valoración sociolingüística da producción en lingua galega entre os séculos XVI e XVII véxase Monteagudo (1999: 232244), que recolle, ademais, as principais achegas bibliográficas. O incendio de 1936 no Palacio de Liria afectou considerablemente ó arquivo administrativo, que pereceu na súa totalidade, á colección de gravados e á metade da biblioteca (Pita Andrade 1959: 12). Debemos agradecer a Fernando Bouza non só a deferencia que tivo connosco ó nos concedelo «privilexio» de edición e estudio deste texto, senón a súa sabia forma de facela historia, mostrándonos os seus camiños menos transitados e ofrecéndonos unha nova ollada sobre os máis fatigados. Sobre a difusión manuscrita deste xénero literario véxase a nota 11. Máis recentemente Fernando Bouza (2001: 429), nun estudio sobre circulación e traslados de comedias nos Séculos de Ouro, establece o carácter independente da difusión manuscrita, é dicir, que o manuscrito non ten relación subsidiaria coa prensa tipográfica, senón que é un medio autónomo que gozou das súas propias canles de producción e distribución. Doutra parte, as comedias, como «literatura de fruición» deixan escasísimos testemuños da súa existencia (Ib.). Segundo Navarro Tomás (1972: 219), a manifestación máis frecuente do pé quebrado na literatura española do renacemento dáse nesta dobre sextilla de seis rimas abc:abc:def:def. O pé quebrado, que viña decaendo dende a fin da Idade Media, a penas se cultiva no Século de Ouro (Ib.: 267268). Por iso tamén sería posible a emenda «Sonche tantos / que Espinossa non ten [bancos] / na súa escola para os [ter] / vn par d'anos a escreber / non digo cás nen mais cántos», consonte o sentido, a pesar de que a fidelidade á rima consoante só autoriza a restaurar «que Espinossa non ten [cantos]» (subst. 'recantos'), a falta doutro subst. rematado en antos. Para a biografía política e intelectual do conde de Gondomar son imprescindibles os traballos de Tobío 1974 e Sánchez Cantón 1935; máis recentemente Manso Porto 1996 e García Oro 1997. A correspondencia consérvase na Real Biblioteca (CatGondomar 19992002), na Real Academia de la Historia (IndiceSalazar) e na Biblioteca Nacional (LibrosGayangos). Sobre a colección de cartas e a súa biblioteca pódese ver Michael & Ahijado 1992 e Andrés Escapa & Rodríguez Montederramo 1998. 8 CatMssRB, II:155, núm. 2223. Na comunicación «El fondo documental en gallego del conde de Gondomar. Estudio lingüístico», presentada por X. L. Rodríguez Montederramo no I Congreso Internacional «A Lingua Galega: Historia e Actualidade» (Santiago de Compostela: ILGA, 1620 de setembro de 1996), deuse noticia deste poema. Proximamente ofereceremos, de novo en colaboración, un estudio máis completo e a súa edición crítica. 9 Ámbolos nacementos están ben documentados polas cartas de felicitación. Para o primeiro, entre outras, pódense consultalas seguintes: de Diego das Mariñas (A Coruña, 14IV1595) [RB II/2109, 13], do sarxento Juan de Carranza (Vigo, 21III1595) [RB II/2109, 170), de Francisco Villapadierna (Valladolid, 12II1595) [II/2149, 111], do conde de Benavente (Benavente, 9IV1595) [RB II/2149, 161]. E para o segundo: de Diego das Mariñas (Pontevedra, 23XII1596) [RB II/2109, 38], de Melchor de Teves (Pontevedra, 5I1597) [RB II/2109, 39], da condesa de Caracena (A Coruña, 23XII1596) [RB II/2109, 114], de Juan de Barros (Santiago, 25XII1596) [RB II/2151, 59]. 10 As «sortellas» defínense como «Un juego de gente militar, que corriendo a caballo apuntan con la lanza a una sortija que está puesta a cierta distancia de la carrera» (Rojo Vega 1999: 213). Xeralmente non constitúen unha actividade illada, senón que se enmarcan nun conxunto de festexos, no que se acostuma a incluír, entre outros actos, a lectura de poesía laudatoria ou a representación de comedias ou coloquios. 11 Véxase, por exemplo, o «Coloquio entre las villas del Duque de Lerma» (García García 1998) que se produce nas festas señoriais celebradas con motivo da toma de posesión das once vilas que incorpora ós seus estados o duque de Lerma. 12 Como afirma Teresa Ferrer (1993: 1415), «La búsqueda de relaciones que contengan noticias descriptivas de espectáculos teatrales se complica, además, si lo que se trata de localizar son fiestas cortesanas de carácter privado. Este tipo de festejos no es inusual que se transmitiera en forma manuscrita, como una suerte de crónica particular (...). Es de suponer que muchas se deben de haber perdido o duermen en archivos privados. Se tiene que producir un gran evento, casi siempre relacionado con miembros de la familia real, para que este tipo de festejo se abra
2
3
4
5
6
7
Nº 363
308