Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A través dunha información xornalística asinada por Borobó en días inmediatamente posteriores á publicación na que se insinuaban claves sobre a orixe do cancioneiros, sóubose ben cedo que se trataba dun apócrifo de intención lúdica. Xosé María encargouse ademais de desenganar aos que permanecían en estado de ilusión. Pero houbo un par deles, integrantes da escola dos solemnes maiestáticos, da triste tribo dos carentes de sentido do humor, que, en carta dirixida ao verdadeiro autor do cancioneiro, manifestaron con vehemente acritude a dimensión da súa ofensa, mancados coa agulla inocua de onde pendura o moneco de papel da inocencia [...] (Álvarez Cáccamo, 2008: 4344).
Conclúo. No ano 1964, un xornalista chamado Xosé Los, entrevista a Celso Emilio Ferreiro, grande amigo, de sempre e para todo o sempre, de Xosé María Álvarez Blázquez, por certo a primeira persoa do mundo intelectual e cultural galego que o saúda, xunto con Darío Xohán Cabana, cando o de Celanova retorna a Vigo logo do seu periplo de exiliado político en Venezuela. O xornalista amentado cuestiónao arredor da diferenza que Celso acha entre O soño sulagado e Longa noite de pedra e o poeta responde, nunhas declaracións que, fóra da curiosa coincidencia no sintagma ?canle segreda?, estou certo que Xosé María Álvarez Blázquez subscribiría na súa totalidade: ?A poesía é un feito vital e, por ende, variável coma propia vida. E coma un río, sempre o mesmo, e sempre distinto. As diferencias, pois, serán de matiz ou de tema, pero a canle segreda do río é a mesma?. Ata aquí a miña modesta achega verbo da recepción ?parcial? dos volumes poéticos de Xosé María Álvarez Blázquez na prensa galega, escasa, abofé, pero espello das dificultades que o labor da crítica literaria sorteou en anos escuros, nun contexto xa non desfavorable senón refractario e que sempre se desenvolveu en clave de resistencia, tamén no ámbito da crítica literaria, tan deostada máis tan precisa e necesaria, sempre. Dixen.
BIBLIOGRAFÍA
Alonso Montero, Xesús (411981): ?O «Cancioeiro» de Monfero: un cancioneiro medieval de 1953?, Faro de Vigo. Álvarez Cáccamo, Xosé María (18122003): ?O cancioneiro inocente de Xosé María Álvarez Cáccamo?, Revista das Letras. El Correo Gallego. Álvarez Cáccamo, Xosé María (2008): Tempo do pai. Vigo: Galaxia. Casares, Carlos (3011977): ?Canle segredo?, La Voz de Galicia. Ferreiro, Celso Emilio (1911978): ?Canle segreda. José María Álvarez Blázquez?, ABC. González Garcés, M. (2351971): ?La poesía de Xosé María Álvarez Blázquez?, La Voz de Galicia. Lois, Xosé (1251964): ?Celso Emilio leerá mañana...?, Diario de Pontevedra. Manuel María (1011951): ?«Roseira do teu mencer» de Xosé María Álvarez Blázquez?, Faro de Vigo. Rabuñal, Henrique (2008): Xosé María Álvarez Blázquez. Santiago: Laiovento. Sevillano, Ángel (1211950): ?«Poemas de ti e de min», de José María y Emilio Álvarez Blázquez?, El Pueblo Gallego. Sevillano, Ángel (2311951): ?Poemas de nenos?, El Pueblo Gallego.
193
Nº 369