Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
meira revisión íntegra e de carácter xeneralista arredor da obra poética do noso autor baixo o título de ?La poesía de Xosé María Álvarez Blázquez?, malia que nela prescinde de citar o Cancioeiro de Monfero e outros textos arriba amentados. Neste artigo, ben documentado e informado, tras aludir aos seus títulos en castelán, ás pezas teatrais, ás escolmas realizadas e ás obras históricas e estudos arqueolóxicos levados a cabo polo autor de Tui vai debullando algunhas notas verbo das súas obras poéticas en galego; así pois, respecto de Poemas de ti e de min subliña a influencia que se percibe do Cancioneiro na súa estética, o ?trobadorismo?, ao seu xuízo impregnado de imaxinismo apreciando, ao tempo, a pegada da estética lorquiana; tamén consigna, como concepto escasamente referenciado noutros lugares, o feito de que o autor puido crear escola sinalando, así, a poesía de Faustino Rey Romero como debedora ou seguidora do modelo que el forneceu. Por último, non esquece a Roseira do teu mencer cualificándoo como libro de gran tenrura, sinxeleza e de ?voluntaria y aún trabajada ingenuidad?, un libro, en definitiva, ?sutil, inxel y musicalmente humano?. Sete anos despois áchase a recensión de Canle segredo que Carlos Casares subscribe nas páxinas de La Voz de Galicia, dentro da sección que polos setenta e oitenta mantiña naquel xornal ao abeiro da epígrafe ?A ledicia de ler?. Aludindo, en primeiro lugar, a cuestións de carácter contextual e remarcando a distancia entre as datas en que foi escrito e a da publicación real, sistematiza algúns datos bibliográficos e sitúa o autor do poemario no que denomina o lugar dos ?virtuosos? para, logo, salientar os valores do volume, ao seu xuízo, gobernado pola ?emoción sobreposta ao virtuosismo formal?, sobranceando a evocación da infancia, feita con tenrura, e o amor cantado con palabra máis humana que literaria. A continuación analiza as tres partes do libro, salientando a segunda como, ao seu entender, a mellor de todo el, para concluír cunha valoración xeral que sitúa Canle segredo como o mellor da súa obra poética coñecida no que o ?bo oficio? e a ?finura expresiva? se impón ao que denomina ?voz interior?. Celso Emilio Ferreiro, nos anos do seu período vital final, mantiña unha sección nas páxinas do ABC baixo a epígrafe de ?Escrito en gallego? na que informaba da produción literaria galega contemporánea, proxecto recollido e estudado, até onde eu sei, por Ana Acuña e Manuel Pereira e que agardamos ver axiña publicado. Pois ben, o 19 de xaneiro de 1978 subscribe unha nota crítica breve, pero celmosa, arredor de Canle segredo; nela, tras a introdución de carácter bibliográfico respecto do autor e o apuntamento da peripecia editorial, mesmo ecdótica, que sufriu o volume poético, engade que non por iso perdeu a súa frescura debido á temática ?intemporal? que exhibe e por estar tratada coa sinxeleza do auténtico; logo cede o espazo a unha análise sincrética e coido que moi atinada, das tres partes do libro apuntando o máis esencial que paira nelas: na primeira entende a existencia dun poema de amor co concepto da maternidade e o deslumbramento do primeiro fillo como focos de atención; na segunda salienta a procura da infancia e o encontro co amor á terra nai e a saudade e, finalmente, na terceira, consigna a
191 Nº 369