BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
e da orientación de cada un deles sen valorar particularmente os poemarios, pois voces moito máis autorizadas xa o realizaron tempo atrás ou este mesmo ano en numerosas publicacións. Respecto de Poemas de ti e de min (1949), malia apuntárense nalgúns lugares (Rabuñal: 2008) a existencia de varias recensións como as subscritas por Borobó1, Augusto Casas, Ángel Johán ou Ángel Sevillano, preséntase aquí a que subscribe este último. Sevillano, non exento de certo sentido do humor no inicio do seu texto, apreciacións que logo cualifica de ?enredos?, apunta a singularidade da edición deste libro que vén da man de ?irmáns siameses do noso panorama literario? e sinala, asemade, a consideración do seu traballo poético como pertencente ao ?tótem tribal?. Intérnase, despois, na análise do volume nos termos de ?limpeza?, ?doada craridade?, ?poesía xugosa?, ?amábel? e ?sinxela?, ?ben conxugada en rima e imaxe?, para logo advertir nela ?entronques medievais? e vinculala con certas pegadas da expresión poética de Amado Carballo, Noriega, Bouza e aínda Aquilino Iglesia Alvariño para apuntar a curiosidade de que o libro presentaría a única referencia á Garda Civil que el coñece no seo da na poesía galega, facendo votos para que estes traballos poéticos dos autores gocen de continuidade. No que atinxe a Roseira do teu mencer a primeira recensión debémola a un, daquela moi novo, Manuel María. Nas páxinas do Faro de Vigo insire unha nota crítica certamente ponderada na que comeza aludindo ao que denomina ?decadencia? e ?vaciedad? da lírica castelá, en oposición ao ?renacer da nosa poesía?. Máis adiante describe a finalidade do poemario non exento de certo lirismo e guiado por unha visión impresionista ??versos finos? [...] ?con ritmo cadencioso y suave de las ondas del mar de Vigo?, salientando tamén o peso da paisaxe, humana e íntima xunto con certo franciscanismo que o autor de Catavento de neutrós domesticados advirte na poesía de Xosé María Álvarez Blázquez, laiándose finalmente de non coñecer persoalmente o autor dos versos e tamén da brevidade dos seus versos. É, outra volta, será Ángel Sevillano, desde as páxinas de El Pueblo Gallego, quen se responsabilice dunha nota crítica do devandito poemario, baixo o título de ?Poemas de nenos?, argumentando que estes son versos que nacen do propio corazón do poeta e apuntando a emoción que os goberna e mais o seu bo acabamento para logo advertir que, ao seu entender, a lírica de noso non reparou como debería no tema dos nenos e dos fillos como asunto poético aínda que tamén describe os perigos que poden beirear esta escolla, obrigando ao autor a fuxir da simpleza e do pueril para concluír, por último, que este libro sabe manter o ?ton? e o que denomina ?mensura?, manifestando que se houbese máis versos deste modelo o mundo ?levaría certamente outros camiños?, engadindo outra anotación ben curiosa, case pasmosa, do traballo poético que desenvolve o ?raio? de MaoTseTung, mentres ?tumba exércitos na Corea?. E damos xa un salto no tempo nesta recepción da súa obra poética nos xornais e situámonos no ano 1971 cando Miguel González Garcés subscribe, que coñezamos, a priNº 369 190