BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
É precisamente esta actitude de rebeldía cara á palabralinguaxe o que lle confire á poesía de María Mariño un dos seus trazos máis singulares: a ruptura coa norma, que a leva, nos casos máis extremos, a unha incapacidade para a comunicación e a unha poética ?rara e transparente na súa indicibilidade? que, en opinión de Ana Romaní,
non presupón lectora, nós tamén estamos fóra. E, aínda así, sentímonos dentro. Non son ave para que lle escoiten. Non hai vontade de facerse entender, senón a tensión da imposibilidade de dicirse e o silencio. Quero falar e non digo. O silencio dos poemas de María Mariño ou talvez todo iso que calan (Romaní, 2006: 31).
A ENTREGA EN VERBA ABERTA. FINAL O proceso de degradación ao que o suxeito se ve sometido en Verba que comenza xera sentimentos negativos, como a dúbida ou o desamparo (?¿Quen manda que non atende??, V, 172), reiterados mediante a negación dos sentidos e da capacidade de comprensión: ?todo cala?, ?non atopo?, ?non o entendo [a quen me fala]?. Mais, por un instante, prodúcese a iluminación que lle permite ver de novo, percibir o tempo e situarse no seu decurso, entregarse na palabra e, deste xeito, ser:
Vai medindo o tempo as prantas. ¡Xa me din en verba aberta! ¡Xa me escoitan! ¡Xa en rendixa da noite se atui! ¡Xa son!
A poesía de María Mariño é, en definitiva, unha entrega dun suxeito disolto na natureza, magoado e por veces confuso na palabra que, máis alá dun alento e un refuxio, convértese na verdadeira afirmación do ser.
BIBLIOGRAFÍA
Blanco, Carmen (2007a): María Mariño. Vida e obra, Vigo, Xerais. Blanco, Carmen (2007b): ?Unha elexía a María Mariño?, Culturagalega.org, Álbum de mulleres, María Mariño http://www.culturagalega.org/album/docs/carmenblanco.pdf Última consulta: 8/6/2007. Genette, Gérard (1987): Seuils, Paris, Éditions du Seuil. Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984): De Pondal a Novoneyra, Vigo, Xerais. Novoneyra, Uxío (1982): ?María Mariño Carou, noiesa do Courel. Dinamiteria da fala?, A Nosa Terra, 189190. Pociña, Andrés e Aurora López (2004): Rosalía de Castro. Poesía galega completa. Vol. II: Follas Novas. Poemas soltos. Traducións, Santiago, Sotelo Blanco. Rábade Villar, María do Cebreiro (2006): ?Arpa de dúas cordas? Imaxinación e sentimento na poesía de María Mariño?, Festa da palabra silenciada, 21, pp. 1727.
Nº 368
82