BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
É a palabra poética, a verba, en toda a súa plenitude, a que rixe e leva no seu interior o tempo pasado. Noutro poema é o peito o que, a diferenza dunhas mans que xa non tecen, rixe e ?troca tempo por verbas?:
Voz de alento troca polas cousas e por calados berros e barullos xordos. Troca anos por tempo en vida nova, troca tempo por verbas ?peito entre saudade?, troca ceo, mar e terra, troca nun soio son. ¡Meu peito, si! (V, 149).
A palabra reflicte tamén o paso do tempo, percibido con ofuscación polo suxeito, incapaz de comprender o seu curso:
Onte espelloume a verba o pulo que marca o tempo. Del hoxe non entendo nada, del hoxe non sei onde empeza, del hoxe non teño, non sei, non sei del (V, 169).
A incapacidade para discriminar os planos temporais maniféstase na perda da sincronía cos procesos naturais na composición que comeza ?Está caendo a folla i en min nace a primaveira?. Nela a palabra volve presentarse como portadora do tempo pasado: ?¡Como farto a miña verba do nacer que xa pasou!? (V, 28). A PALABRA QUE NON DI A palabra representa na poesía de María Mariño a proxección da intimidade do suxeito e vehículo que canaliza a unión coa natureza e a vivencia da morte. Mais en ocasións perde a súa capacidade de designar a realidade e xorde entón a desconfianza a respecto da linguaxe:
Sempre hai verba que non di e bon alalá que non zoa. Hai xiro longo en rebelo, mil medidas pra unha soia (P, 75).
Nestes casos, ábrese unha fenda entre a palabra e a realidade10 que evidencia a incapacidade da linguaxe e sume o suxeito nunha confusión manifestada mediante a acumulación de termos contrarios:
1 Teño algo mui baixiño, teño algo de enxordar. Sinto todo esto xunto, sin podelo separar.
Nº 368 80