Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
vela horas túas ?meu peito, vela meu latido ?pregunta túa?, vela huella, huella aquela sin nome, vela segredo túa larganza, vela a cegada luz que me dou alento, vela a verba en que me deixas. ¡Alma, vela de ti! (V, 162),
ou na confesión que abre o poema 10, que resulta abondo significativa a respecto da relación entre palabra e intimidade estabelecida polo suxeito:
¡Linme hoxe toda por dentro! ¡Linme! (V, 163).
A lectura, que representa nestes versos a indagación radicalmente intimista do poema, volverá aparecer, como explicarei máis adiante, noutros momentos da poesía de María Mariño. A PALABRA NO TEMPO, O TEMPO DA PALABRA Como antes indiquei nas páxinas anteriores, a tematización da palabra insírese nunha meditación sobre o tempo, xa anunciada polo título do primeiro libro da autora. Isto fai que ambos os dous motivos conflúan de maneira explícita en numerosas composicións. Unha delas é ?Historia e gaiteiro?, onde o tempo é a palabra expresada pola música do gaiteiro, valorada pola voz lírica en canto tradición e equiparada coa cultura libresca (?soio historia é o gaiteiro; / mellor libro no lein?):
Era o tempo palabra, a que a gaita iba tecendo (P, 71).
Cando os signos da enfermidade anticipan o final da vida (no mencionado poema 10), o pasado ?o onte? vai quedando como un ?pregón que enmarca nas ás do tempo a voz / que ti mismo diches sinxela e pulida?. Ao pasado diríxese o suxeito da composición nos seguintes termos:
Ti quedas como queda o aire entre as cousas que son [...] Calas mentras contas as presadas que de nós van caendo, vas na verba, verba que rixe, verba enteira que é? Vas e dis anque calas e non cingues xeito novo. Pro si: de nós levas (V, 164).
79
Nº 368