BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
Hoxe dime, dime das cousas, dime si o meu de ti alento é alento ou bruma, dime si respiro ou afogo, dime daquela hora miña ?día noso? (V, 153154).
Carmen Blanco ten interpretado esta actitude como ?unha vía mística9 que leva a María a atopar a luzverba, a palabra que ilumina e que aparece cando o corpo se acende na radical soidade e encontra a poesía, que é o mesmo sentido da vida? (Blanco, 2007a: 148). Cunha actitude mística teñen sido relacionadas tamén as imaxes do chan e o cume, así coma os movementos de ascenso e descenso aos que o suxeito recorre para ?expresar a súa situación anímica? (Sanjurjo, 1994: 31). Tales imaxes aparecen asociadas á palabra poética. Así acontece na composición na que o suxeito emprende un movemento ascensional que o leva a distanciarse da terra para deixar caer desde alí a palabra:
Xa non palpo, xa non chego ás cousas cas mans, non palpo terra, terra lenta nin aquela de po. Non palpo seu mundo cegomudo. Non palpo preto, non. ¿Aonde irás dar miña verba si che guindo desta altura? Soltareiche, soltareiche pouco a pouco para que non te magoes e chegues enteira, para que digas enteira, e san, enteira quedes (V, 159).
A palabra adquire nesta composición unha dimensión abismal. A asociación volve repetirse no poema ?Está caendo a folla i en min nace primaveira?:
Medro, medro e non sei onde parar. Presa xa e ceguiña no cume lévame, lévame ó chan a verba (V, 199).
A identificación do suxeito coa palabra poética non impide, como se pode comprobar tamén nesta composición, un exercicio de desdobramento no que este estabelece un diálogo con ela e mesmo chega a increpala. Estamos, polo tanto, diante dun suxeito escindido que volve aparecer no final do poema 9 de Verba que comenza:
Ouh pisada calada, non te vaias, deixa o teu berroalento para vela dos meus ósoscinsa, meus de ti ósos en que mandastes,
Nº 368
78