Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tido dos versos que abren Verba que comenza, libro cuxo valor testemuñal se viu incrementado polas circunstancias biográficas nas que foi escrito, no último ano de vida da autora:
Aquí che deixo, meu peito canso, aquí che deixo, aquí che deixo neste branco papel trillado, neste percuro das horas (V, 149).
Se a súa antecesora, Rosalía de Castro, mollara no propio sangue a dura pluma e rompía a vea hinchada7 para escribir os seus versos, María Mariño procura o descanso da súa alma no papel trillado, ao tempo que sitúa o seu verso no plano temporal. Deste xeito, traslada ao papel en branco a experiencia dolorosa da escritura:
Papel branco, trillado, papel, berra, berra entre os fortes desde onde as miñas verbas che magoan (V, 149).
Esta idea volve reiterarse nunha das composicións máis comentadas da escritora, á que aludín ao comezo deste traballo. Refírome ao poema 4 ?situado, polo tanto, nas primeiras páxinas do libro?, que aborda de maneira directa o motivo da xénese da poesía8:
Encéndeseme o peito, brúa en alma soia ?verba que comenza?. Ti que sabes de onde viñen, ti que sabes ben quen son, ti que ves por onde ando. Ouh, raxa o tempo ca túa hora, raxa as cousas, ti xa morta, viva ou non sei, ti... (V, 153).
A palabra poética preséntase agora como unha verba que brúa dun peito encendido e que é cuestionada polo propio suxeito:
Pro, ¿quen eres ti? Si non peneiras o farelo, si non dás formento á masa, sin non coce xa o teu forno, ¿que pan sacará o teu grau ben mundo? Ti, hoxe miña, soio hoxe, mañán xa non, mañán serás nebra nubra como outra (V, 153).
De igual maneira que acontecía co branco papel trillado, tamén nesta composición o suxeito incprepa a verba que comenza:
77 Nº 368