BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
tempo evocada ao longo do libro. Verba que comenza alude directamente á indagación acerca da xénese da escritura que a voz lírica leva á cabo nos coñecidos versos ?encéndeseme o peito, brua en alma soia / ?verba que comenza??, aos que volverei máis adiante. En ambos os dous casos, a autora tematiza, nun espazo paratextual privilexiado pola súa localización como é o título da obra, a palabra poética como topos. A PALABRA E AS MANEIRAS DE DICIR A presenza da palabra como eixe central da indagación poética na obra da escritora noiesa garda unha estreita relación coa profusión de verba dicendi (decir, falar, ditar, cantigar) e de termos que designan a materialización da linguaxe (himno, cantiga, cantar, texto) ao longo das súas páxinas. Os exemplos son numerosos: ?Erguinme e fun cara arriba e non atopei que decir? (P, 1445), ?Son aquela que no bosco / escuitaba o himno dela? (P, 62), ?Logo de min saeu texto / que inda ninguén atopou. / Quedouse co seu verso / que en cantiga se trocou? (P, 141), ou
Sei quen de min hoxe ditou un verso que o mundo por enteiro derribou. Aquel verso deixou en fondo texto que logo en libro vello se trocou (P, 140).
Esta tendencia cómpre relacionala coa polifonía que é posíbel apreciar na obra da escritora, cuestión que foi abordada por Carmen Blanco nun estudo no que bota man da suxestiva imaxe do ?estrondo das voces ocultas de Galatea? (2007a). A voz de María Mariño sería, segundo a autora deste traballo, a dunha nena que ?recolle ecos? dos sons do mar, dos ruídos da terra e da voz vella que lle fala. Mais, como xa adiantei, a frecuencia deste léxico e a centralidade da palabra poética na obra da escritora debe ser tamén relacionada coa constante indagación de índole metaliteraria que a leva a preguntarse acerca da verdadeira natureza da súa palabra e da súa escritura e a procurar constantemente respostas:
Pica o canteiro pedra, a que onte foi tecida na erguida voz do poeta para verba da cantiga6 (P, 90).
Nas páxinas que seguen rastrexarei algunhas destas reflexións. O PAPEL TRILLADO En xeral, na poesía de María Mariño a palabra poética identifícase coa propia alma ?o peito? e, polo tanto, preséntase como o testemuño que esta deposita no papel ferido, nunha declaración que apunta cara á orientación intimista da súa poesía. É este o senNº 368 76