BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Manuel Curros Enríquez
A dominante presencia xa resaltada actorial da nonpersoa (figuración por tanto, dun el / ela / eles? como suxeitos líricos) implica, dende o estrato da modalización, un discurso impersoal ou do narrador (externo), que pode callar e concretarse, logo, en variedade de formas líricas. Moi representativo é, nesa liña, o cadro (ou a estampa), que teñen importante uso na obra currosiana. Un exemplo modélico pode ser, ó respecto, ?A primavera?, un motivo a chegada da estación de longa tradición nos cadros dos topoi temáticos. Con ese motivo, entón, o noso poeta compón un vizoso e moi axustado conxunto descritivo, que na súa montaxe de comenzo (estrofas III) resalta un intenso contraste entre a presencia leda da estación (?xentil i aposta? (?) ?grinaldas de craveles / vertendo ó seu pasar?) e o apunte negativo do inverno ido paisaxe de néboa e negras noites, sons do vento louco para, de seguido, desplegar nas cinco estrofas seguintes todo un rico debuxo que xoga e vai combinando os elementos auditivos harmónicos e os elementos cromáticos cheos de colorismo a brillantez, máis a presencia da luz (e do quentor) e, naturalmente, os signos do renacer da vida que xa apunta con esplendor:
(EA) pío alegre do paxariño fai chifros o pastor a vos do rousiñol (EV) as nubes vestidas de ouro e nacre / de amarelo e branco (?) os outeiros / luz do sol / fúlxidos luceiros / (SIGNOS VITAIS) os álbores (?) comenzan a fror dar / nacen nas silveiras as froles / crecen as hedras i os loureiros / ten carroucho o millo / as vides gromos dan / veñen (?) as moras das silveiras //
Ben característico dos usos currosianos é asemade o episodio, forma lírica moi axeitada ós seus supostos poéticos polo que ten, en canto trazos definidores, de dominante razón narrativa e forza da ?anécdota?, do motivo argumental que desenvolve, tal se dá na ?Cántiga?, ? a primeira poesía dinos o propio Curros que escribiu o autor n'o dialeuto patrio?, xustamente na tarde do 5 de xuño do 1869. Na tan coñecida composición, e coa protagonización rol sentimental da parella de namorados, quedan poetizados dous motivos (que se implican) da tópica amatoria, a separación dos amantes e máis a mágoa de amor (que fatalmente leva á morte). Sobre ese eixe, pois, o narrador poemático preséntanos, primeiro, á rapaciña que se laia da ausencia do seu amado (dando entrada ó discurso citado, á voz dorida do actor lírico), e móstranos logo ó infeliz amador no berro do seu imposible desexo de volver (tamén co uso do discurso citado), para rematar cos indicios da traxedia: mágoa de ausencia que se consuma en morte, (ela, ?unha cova / nun outeiro?), e desespero que leva á morte suicidaria (el, ?un cadavre no fondo do mar?). Mais quedan, neste poema, dous aspectos cheos de interese. Un é, por unha parte, a
Nº 362
186