ALICERCES Emilio Álvarez Rey
Arriba de esquerda a dereita: Darío Álvarez Limeses (pai dos Álvarez Blázquez), Emilio Álvarez Giménez, Gerardo Álvarez Limeses (pai dos Álvarez Gallego). Abaixo de esquerda a dereita: María Álvarez Limeses (muller de Celso García de la Riega), Carmen Álvarez Limeses (muller de José Buela), Amalia Limeses Iglesias (muller de Emilio Álvarez Giménez) e o neno Xosé Álvarez Limeses, María Gallego Martínez (muller de Xerardo Álvarez Limeses). 1895?
A carón do castelo de Puebla de Sanabria, nunha casa con soportais que, cando eu estiven alí, hai anos, tiña un gran rotulo no que se lía ?juzgado? naceu, o 21 de marzo de 1930, Emilio Álvarez Giménez, o noso devanceiro que, pasado o tempo, foi o carballo onde agromaron as pólas da familia na Galiza. Antes de chegar a Galiza, fai un longo percorrido por case todas as provincias españolas, pois o seu pai, que era xuíz, exerceu en máis dunha ducia de capitais, sendo maxistrado en Mataró, Mallorca, Cáceres, Albacete, Barcelona e non sei cantas máis. Foi, tamén, alcalde de Quintanar de la Orden e de Leganés, e ata tivo un nomeamento de ?Perseguidor de malhechores y contrabandistas? no que, segundo uns papeis que andan pola casa, tivo unha grande actuación.
57 Nº 369