BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Portada do seu primeiro libro Abril (1932).
55 escritores (dende Federico García Lorca a numerosos nomes galegos: Amado Carballo, Bouza Brey, Castelao, Losada Dieguez...). Nesta revista publica Xosé María doce poemas, que camiñan entre o neopopularismo e o hilozoísmo, e un texto en prosa. No ano 1932, con dezasete anos acabados de facer, publica en Pontevedra o seu primeiro libro de versos, en castelán: Abril, cun delicioso limiar do seu tío Xerardo e unha preciosa portada modernista de José de Castro Arines, tamén tudense, e cunha ilustración que rememora os xardíns da Media Lúa (hoxe de Troncoso) en Tui. No libro figuran poemas realizados entre 1929 e 1932, entre eles varios de temática tudense entre os que cómpre salientar o titulado ?Tyde?:
Serena, tranquila, silenciosa, plácida, la tarde se esfuma, se aleja, se escapa... Desde la Alameda, tendida a sus plantas, veo ensimismado la grey que trabaja. Serpentea el Miño por la vega vasta y la fecundiza con sus tibias aguas. El Aloya, altivo, gallardo, se alza ante el fértil valle como una muralla. ¡Que misterios sabe, que secretos guarda, ese franciscano de túnica parda!...
Paralelamente á súa estadía pontevedresa na súa cidade natal Xosé María leva adiante tamén diversas actividades e, nomeadamente, os seus primeiros pasos no mundo da arqueoloxía. Nos anos 1933 e 1934, ao tempo que comeza o funcionamento do Instituto de Segunda Enseñanza tudense e, posiblemente, logo dunha visita que realiza ao centro educativo Álvaro de las Casas, profesor tamén no acabado de crear Instituto de Noia
Nº 369 230