Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Finalmente ocupémonos da figura colosal de Xosé María. Grazas á celebración deste ano dedicado a súa memoria, alomenos dende Tui, podemos afirmar que temos recuperado un vello tesouro ?coma aqueles dos que fala o Libro de San Ciprián que el editou na colección O Moucho? que lles soaba a moitos tudenses pero que era unicamente un pequeno rumor, unha afastada voz que se ten agrandado de tal xeito co tempo, que podemos afirmar que estamos diante dun dos grandes referentes da cultura tudense. 1. A SÚA BIOGRAFÍA TUDENSE: Nunha libretiña manuscrita de Darío Álvarez Limeses, que conserva a familia, relátase o nacemento do pequeno Xosé María:
A las ocho de la mañana del día 4 de febrero de 1915, nació mi hijo José María en la casa número 11, piso 1º, de la calle de Elduayen, en la ciudad de Tuy, siendo asistida por mi y estando presente mi madrina Carmen Iglesias. Como sus dos hermanos nació el niño muy robusto y después de lavado quedó dormido hasta las tres de la tarde [...]
Foi inscrito no Rexistro Civil ao día seguinte cos nomes de José María Amalio Gerardo Ignacio e bautizado na Catedral tudense o día 11 de febreiro, foron os seus padriños, o seu tío Gerardo Álvarez Limeses e a súa avoa Amalia Limeses, representada por Carmen Iglesias. Fica pois confirmado que a data de nacemento foi o 4 de febreiro e non o 5 como se recolle erroneamente en moitas publicacións, e o lugar foi un piso alugado pola familia na rúa Elduayen ou Paseo da Corredoura, onde o pai tiña tamén instalada unha consulta médica, de carácter privado. Andando os anos Darío Álvarez adquire unha casa no arrabalde do Rollo, na denominada daquela rúa El Pilar, hoxe Irmáns Maristas, núm. 4 que foi xa para todos a casa familiar, a Casa do Rollo. E alí, na planta baixa, instalou o seu consultorio médico. Residían nela, segundo recollen os padróns municipais, o matrimonio e os seus seis fillos, xunto con Carmen Iglesias Torrado, tía paterna, e as serventas Joaquina Moroño Seijo e Pilar Sarmiento. Naquela casona e na súa finca transcorre a nenez e a adolescencia de Xosé María e dos seus irmáns, sendo lembrada como o verdadeiro fogar familiar. Andando os anos, no seu poemario Sonetos del alba insomne o propio Xosé María rememora as vivencias vencelladas a esta casa familiar nun sentido poema (do que sacamos o subtítulo deste traballo):
La vieja casa al corazón abierto aún envía mensajes escondidos; vienen de noche y andan encogidos, como gatos sin madre en el huerto.
227
Nº 369