BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Todo estaba seguro, todo cierto, era para mis ojos sorprendidos; olían a membrillo los vestidos y estaba yo para el amor despierto. Teníamos un hórreo y una viña, un pozo oscuro, con el agua quieta, y un potro galopando la campiña. Teníamos la paz... ¡Que extraña cosa tenerla así, minúscula y secreta, como un ala fugaz de mariposa!
A Casa do Rollo foi o escenario da nenez de Xosé María e dos seus irmáns Emilio, Alfonso e Álvaro. Daquela vida infantil atopamos nas memorias de Camilo José Cela diversos relatos. Cela realizou algunha estadía infantil na casa do seu avó, que estaba situada fronte á dos Álvarez Blázquez.
Frente a la casa de mi abuelo vivían mis amigos José María y Emilito. José María era quince meses mayor que yo, y Emilio, tres años menor. Andábamos siempre juntos y hacíamos, a veces, emocionantes excursiones por los más hondos recovecos de la huerta, en pos del misterioso mundo de las uvas de náparo o en busca de los escondidos tesoros que jamás llegamos a encontrar [...]
Naquel fogar burgués realizaron Xosé María e os seus irmáns a súa formación humana e así sempre o tiveron presente. Emilio Álvarez no epílogo que escribe para o libro Poesía completa de Xosé María sinala:
Tivemos tódolos irmáns un aire propicio na casa familiar para endereitala vida cara ó ameno campo da lectura, cara ó amor dos libros, porque de tradición nos viña ese abano da alma, esa inclinación marcada, sen severidade, senón con gracia e alegría.
O propio Xosé María Álvarez Blázquez nas respostas que dá, en 1936, a un ?Inquerito? que lle envía Xosé Filgueira Valverde para a edición dunha ?Escolma da lírica galega contemporánea? que preparaba o Seminario de Estudos Galegos para conmemorar o centenario do nacemento de Rosalía de Castro, insiste neste ambiente familiar que o conduciu ao mundo literario:
Meu pai (pontevedrés), periodista, polemista sobre todo; miña nai (cubana) deume un pouco da melancolía das Antillas, e moito do seu amor â poesía. Meu abô paterno, Álvarez Giménez, poeta, meu tío Xerardo tamén. Un tío materno, Alfonso, morto xa tamén poeta nos anos mozos.
Velaí a conciencia dunha longa tradición familiar que os Álvarez Blázquez recibían con consciencia e que ben souberon ao longo da súa vida transmitir ese facho á seguinte xeración. Xosé María recibe a instrución primaria na escola graduada de Tui, á que andando os anos volverá como mestre. A casa, a escola, o ambiente dunha pequena cidade coma Tui
Nº 369 228