BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
[...] Cuenta que Joaquín Lorenzo fue alumno suyo en el Instituto de Orense y cómo, con su aplicación, su tenacidad y su entusiasmo, logró alcanzar en plena juventud un lugar destacado en el campo de la arqueología moderna. Asocia, en un emotivo recuerdo, a este triunfo del joven arqueólogo orensano, el nombre de su hermano Jorge, muerto hace años, cuando los dos, en plena vida universitaria, se habían lanzado ya por el camino que conduce a la investigación con bríos juveniles y aciertos de elegidos [...] (?LOS ACTOS...?, 1951).
O 30 de agosto de 1923 matricúlase na Universidade de Compostela, pero só da materia de Historia de España:
Sr. Decano de la Facultad de Filosofía y Letras Don Joaquín Lorenzo Fernández, natural de Orense, provincia de id. de 15 años de edad [...] Que habiendo terminado los estudios que comprenden el Bachillerato en el instituto de Orense, y deseando ampliarlos en esta Facultad. Suplica a V.E. le sea admitida la mencionada matrícula [...] 6
Examínase en setembro, pero non aproba. Ó pouco tempo fina o pai, o 25 de novembro de 1923, agravándose aínda máis a situación familiar ó ter que ir a nai á Arxentina para arranxar certos problemas que lles xurdiran co administrador dos bens que posuían en Bos Aires. No curso seguinte, 192324, volve a matricularse por libre pero só de tres materias, das que non aproba ningunha. Matricúlase no curso 192425 tamén por ?enseñanza no oficial?, e unha vez máis suspende as tres en xuño, aprobando só ?Historia de España? en setembro. No curso 192526 matricúlase na Facultade de Dereito tamén por ensino libre, pero non se presenta en ningunha das dúas convocatorias, polo que decide abandonar os estudos. Nesta época reside o máis do tempo con súa avoa en Lobeira, atopándose precisamente con ela cando falece o 14 de febreiro de 1928. A estadía en Facós aprovéitaa de abondo, para recadar datos etnográficos, cantigas, refráns... Nestes anos, por exemplo, compila o Cantigueiro popular da Limia Baixa, que cando se publica en 1973 advirte no limiar que a inmensa maioría das cantigas xa eran descoñecidas polos veciños:
[...] Eu teño unha experiencia. Ata o ano 1932 estiven recollendo cantigas da terra da Limia Baixa. Publiqueinas ?son preto de tres mil? e xa non encontro alí unha soa persoa que saiba esas cantigas. Perdéronse totalmente. E son, xa digo, recollidas ata o ano 1932. De entón para acá non recollín ningunha, e as xentes de alí xa non as coñecen. É unha cousa que se está perdendo. É como quen tira unha cousa polo río abaixo e non a colle no momento en que a ten á man: despois a auga lévaa e non se volve ver: E eiquí ocorre o mesmo. Esto váisenos [...] (VÁZQUEZMONXARDÍN FERNÁNDEZ, A., 1999: 53).
Outra mostra fidedigna do seu labor é a de que por estes anos publica catro artigos en Nós e tamén o primeiro libro, en colaboración con F. López Cuevillas: Vila de Calvos de Randín. Notas etnográficas e folklóricas (Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, 1930).
Nº 365 178