Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Nesta casa finou Xaquín Lorenzo (Facós, Lobeira) (Fotografía de C. González Pérez)
bachillerato. De maneira que convén que vaias pra que te vaias familiarizando con eles?. E pra eso fun. O demais, a preparación toda, o mismo que a das asignaturas do bachillerato era meu pai, o noso maestro [...] (VARA, 1999: 93).
Particularidade que confirma a nai nun pequeno diario que aínda se conserva, case só referido ós fillos. Do maior escribe:
Joaquín María Perfecto / 1907 / Nacimiento: Domingo 23 de Junio a las 11 de la mañana / Habló: el 24 de Noviembre / Primeros pasos: 25 de Mayo de 1908 / Día 22 de Julio de 1910: talla 0'92 [...] Joaquín es terco y rencoroso pero tiene otras cualidades que por las buenas que son, nos compensa los malos ratos que nos dá con su genio arrebatado. / Es muy cariñoso y aunque a veces contesta mal nos quiere mucho [...] 16 Enero 1914: Aprende las primeras letras y los números (primera lección) / 25 de Abril: Sabe leer: / Lee cantidades de 9 cifras [...] El 12 de Octubre de 1915 va por primera vez al colegio [...]5
ESTUDOS: OURENSE E COMPOSTELA Ós dez anos ingresa no Instituto General y Técnico da súa cidade, no curso 191718, no que remata o bacharelato, título que lle expide a Universidade Compostelá o 27 de xuño de 1923. Nos últimos cursos un dos seus profesores foi o veciño Ramón Otero Pedrayo, que tomara posesión da cátedra de Xeografía e Historia o primeiro de outubro de 1921, como lembra na resposta do discurso de ingreso de Don Xaquín como membro numerario da Real Academia Galega, acto que se desenvolve en Celanova o 16 de setembro de 1951:
177 Nº 365