Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Actualmente (xuño de 2004) aínda vive unha media irmá súa, debido a que o avó casou dúas veces, nacendo do primeiro matrimonio seis fillos, do que un foi a nai de Xaquín Lorenzo, e do segundo oito, dos que só vive a devandita media tía. Perfecto faleceu en 1949, cando o neto contaba 42 anos, encargándose el de atendelo ata o derradeiro suspiro, segundo contan os familiares e, en particular, a súa curmá Dolores Saénz Fernández, o mesmo que fixera antes coa avoa de Lobeira, en 1928, como di neste caso súa nai:
[...] Ella tenía varios hijos, pero el mío fue quien la acompañó y recojió el último suspiro [...]3.
José e Joaquina ?ela era 14 anos máis nova? coñecéronse en Vigo cando el era colaborador dos xornais socialistas Solidaridad e La Lucha, antes do 31 de decembro de 1905, pois nesta data xa lle dedica un pequeno poema no periódico Madrid Cómico, o que testifica que eran noivos. As relacións rematan o 19 de agosto de 1906 co casamento na igrexa de Santa María de Vigo:
[...] Que á mi presencia ha procedido el presbítero D. José Martínez Doural, por delegación del cura párroco de la Iglesia de Santa María, á unir en matrimonio canónico á los referidos Dn. José Lorenzo Álvarez, de edad treinta y cinco años, de estado soltero, natural de Orense, vecino de Vigo, hijo legítimo de D. Joaquín y de Dª. Dolores y á Dª. Joaquina Fernández Barcia de edad de veintiun años, de estado soltera, natural de Vigo [...] (REXISTRO CIVIL, VIGO, 1906).
O BERCE: OURENSE E LOBEIRA O matrimonio establece a residencia en Ourense, no número 30 da rúa da Paz (agora corresponde ó 26), na casa que mercara o bisavó Joaquín logo de volver da Arxentina, onde nacen os dous fillos: Joaquín María Perfecto, o 23 de xuño de 1907, e Jorge Edmundo Vicente, o 11 de febreiro de 1910. Don Xaquín nace na capital, pero non rexeita cando alguén pensa que é de Lobeira:
[...] En primeiro lugar, dise que eu son de Lobeira. A verdade é que nacín en Ourense [...] E eu, por aquelo de que ?non con quen naces senón con quen paces?, deixo dicir dese xeito, porque a verdade é que me sinto limiao, procedendo das dúas bandas da Limia Baixa; son, pois, ?dos da néboa? e teño a vaidade de que como tal asinen a miña nacencia [...] (LORENZO FERNÁNDEZ, X., 1988)4.
Na casa de enfronte naceran antes ca el, en 1884 e 1888, respectivamente, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, como o testemuñan as placas que campan na mesma: O Concello de / Ourense / no centenario do / nacemento de / Don Vicente Risco / 1 outubro 1984. E na outra: Eiquí naceu, viviu e morreu / o Patriarca das Letras / Galegas / D. Ramón Otero Pedrayo / 18881976. A súa nenez transcorre entre Ourense e Facós, e xa menos en Vigo. Das tres poboacións a máis querida foi a do concello de Lobeira, por ser onde residía a avoa paterna,
175 Nº 365