Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
avó na primeira poboación e a avoa na segunda, pero seu pai xa veu ó mundo en Ourense en 1871, na rúa chamada daquela ?de Tetuán? e actualmente de Modesto Fernández, que é a curta calexa con soportais só en parte que vai da praza Maior á praza das Damas. Joaquín Lorenzo López, o avó, nace en Calvos de Randín e de novo emigra a Arxentina, aínda que a familia é de supoñer que se defendese economicamente ben pois un irmán foi párroco de Lobios, do que Don Xaquín conservaba entre outros obxectos unha fermosa escribanía. Nada puidemos acadar sobre esta etapa da súa vida, só de que chegou a posuír unha estimable fortuna en Bos Aires, tal vez mesmo herdada en parte dalgún parente, e que regresa para a terra natal antes de 1870, quizais enfermo, xa que este ano as familias amañan o seu casamento cunha moza moito máis nova, Dolores Álvarez Caballero (el tiña 45 anos e ela non máis de 20), que nacera en Lobeira pero que a nai ?María Matilde procedía de Calvos de Randín, polo que era coñecida de todos1. Casan o 11 de xuño de 1870, o fillo nace o 11 de abril de 1871, e el falece o 11 de outubro do devandito ano. Ó pouco a viúva contrae segundas nupcias con Juan Francisco Estévez, natural de Entrimo, nacendo catro fillos (medios tíos de Don Xaquín), do que un deles, Edmundo, chegou a gobernador civil de León durante a II República e mantivo excelentes relacións co escritor Pío Baroja, sendo ademais un dos testamenteiros. A avoa faleceu moitos anos despois na súa casa de Facós, o 14 de febreiro de 1928. Polo que atinxe ós bisavós maternos, el era do Ribeiro, Ventura Fernández de Soto, natural da parroquia de San Lourenzo da Pena (Cenlle)2, ó que a desamortización e exclaustración truncaron a vocación relixiosa ó pecharse o mosteiro de San Clodio onde era novizo, que logo continuaría no seminario de Tui, pero non rematou por casar coa filla dun boticario alí establecido, natural da parroquia viguesa de Castrelos, sendo tamén desta cidade os demais devanceiros. O avó xa naceu na parroquia de Sárdoma, no lugar de San Roque, e a avoa en Vigo na casa número 17 do Paseo de Alfonso XII, coñecido daquela a nivel popular pola estrada de Baiona que pouco despois de nacer a nai de Don Xaquín (o 11 de febreiro de 1885), se transforma por influencia do político José Elduayen y Gorritti na actual rúa que leva o seu nome, e para a que houbo que destruír boa parte da zona antiga da poboación (como a capela da Misericordia, por exemplo):
[...] compareció D. Perfecto Fernández natural de Sárdoma, término municipal de Vigo, provincia de Pontevedra, mayor de edad, casado, dependiente de comercio, domiciliado en esta ciudad, calle de Alfonso XII, número diez y siete, según la cédula personal núm. 6.468 que exhibe, presentando con objeto de que se inscriba en el Registro civil, una niña al efecto, como padre de la misma declaró: Que dicha niña nació en su espuesto domicilio el día once del corriente a las ocho de la mañana. Que es hija del declarante y de Dª. Dolores Barcia, natural de esta ciudad, término municipal de idem, provincia de Pontevedra, mayor de edad, y domiciliada en el del declarante su marido. [...] Y que a la espresada niña se le pondrá el nombre de Joaquina Ángela María [...] (REXISTRO CIVIL, VIGO, 1885).
173
Nº 365