BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Lembro, sobre todo, as fraternais conversas que mantiña con Antonio Fraguas nas xuntanzas do padroado do Museo do Pobo Galego, e que ese era o tratamento, mentres que el a Don Antonio case sempre lle dicía o apelido. E o mesmo os mestres e compañeiros cronoloxicamente maiores (algún deles xa maior que súa nai), ós que trataba sempre de vostede, como Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas:
[...] Pois ben, estes homes, a pesar da confianza que tiñan comigo, tratábanme sempre de vostede. Risco chamábame Don Xocas, en ton familiar e bromista. Cuevillas e Otero chamábanme Xocas, pero de vostede. Eu, desde logo, tratábaos de vostede tamén. En cambio Castelao, desde o primeiro momento en que me puxen en contacto con el tratoume de ?tu? e eu a el tamén de ?tu? (BRAXE, L., 1987).
Outra testemuña tamén referida por el:
[...] Lembro cando ingresei na Universidade. Un día cheguei á casa de Cuevillas e este me dixo: Home, Xocas, chega vostede a tempo. Teño aquí un artigo para unha revista e quero que o vexa vostede; a ver que lle parece [...] (BRAXE, L., 1987: 6).
Don Xaquín endexamais rexeitou deste hipocorístico nin en familia, pois súa nai chamáballe de neno Xoquiñas, e cando xa tiña 25 anos escribe na dedicatoria da separata ?Notas pra un cuestionario de Etnografía. Embarcacións?, que fica agora no Museo do Pobo Galego, que saíu no número 111 da revista Nós, en 1933: Pra miña nai, cunha aperta mui forte, Xocas. Dende xa hai moitos anos o Xocas por antonomasia é Xaquín Lorenzo Fernández, o mesmo que Ramón Otero Padrayo imaxinou nos témeros días de setembro de 1936 formando parte da procesión da santa compaña na que ían os membros máis sobranceiros do Seminario de Estudos Galegos, que axiña afogarían os franquistas e a universidade compostelá, dos que el é por certo o único vivo:
[...] Xocas escuita do crarín guerreiro a chamada baril e vai ao frente; aló nun castro esbróanlle un ombreiro i é o soio vivo qu'hai en tanta xente, pois forma baixo o sol cos mutilados e desfila con aire miliciario e por a noite seguindo outros fados discute o carro envolto no sudario [...] (OTERO PEDRAYO, R., 1998: 34)
OS DEVANCEIROS A familia de Xaquín Lorenzo pertencía á clase acomodada ourensá, como o evidencia o feito de que seu pai estudase Dereito pero nunca traballase en nada, agás como colaborador de xeito moi esporádico nalgúns xornais republicanos e socialistas vigueses e ourensáns. Os bisavós paternos eran naturais de Calvos de Randín e Lobeira, nacendo o
Nº 365 172