16.11.06 / 16.02.07
A forza da palabra Manuel Bragado ?Galicia. A forza da palabra?, a mostra instalada na espléndida sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña con motivo do Centenario da Real Academia Galega, constitúe a máis interesante exposición celebrada no país noso ao longo deste ano que remata. Comisariada por Xosé Ramón Barreiro Fernández, coordinada por Xosé Luis Axeitos, deseñada por Revisión e sufragada na súa totalidade pola Fundación Caixa Galicia, esta mostra sen precedentes ofrece ao espectador curioso un concentrado excepcional do que simboliza e mellor representa a Academia: a potenciación da lingua e a cultura na construción da identidade nacional galega. O primeiro que sorprende ao visitante é que se lle convida non tanto a realizar un percorrido erudito pola historia da institución (o que semellaría previsible na efeméride do seu centenario) como a participar na lectura dun coidado relato reivindicativo do proceso de construción da patria dos galegos. A exposición é a narración do discurso da configuración do país, do esforzo colectivo, acometido durante séculos, de construción da idea de Galicia como nación. Un longo e complexo proceso de consolidación da identidade galega, que se remonta dende a mirada romana (que xa nos definía por vez primeira como pobo, os ?callaicos?, e delimitaba un territorio, a ?Gallaecia?) ata o momento decisivo do Rexurdimento, a partir do século XIX, cando aparece a primeira xeración galeguista, e na que a palabra ?Galicia?, ademais dun espazo xeográfico, é un termo con fortes connotacións políticas e culturais. Aí, nese momento histórico decisivo, cando se configura de forma simultánea o discurso da nación e o discurso literario na lingua milenaria, é a partir do que se desprega esta magnífica e clarificadora exposición sobre a nosa memoria identitaria. O segundo feito que impresiona ao espectador é que se lle convide a realizar unha lectura non tanto textual (o que
141
Nº 368