BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
PIERIO.? ¿Y qué es canción? CASTALIO.? Una composición magnífica y espléndida, dividida en partes a solo un pensamiento endereçadas... PIERIO.? ... ¿Porqué llamáis la canción dividida en partes? CASTALIO.? En esso aludo a la textura de la canción, la qual consta de partes que llamamos estancias (Cascales 1975: 237).
Outros conceptos que definen a canción, segundo Cascales, son tamén de aplicación á nosa. Así, as once estanzas respectan o comezo cun cuarteto inicial, que responde á primeira parte dunha estanza, denominada fronte, constituíndo os versos seguintes a segunda parte ou sirima. Non observa, sen embargo, a commiato, que é «un pedaço de estancia con que se da fin a la canción» co oficio de «hablar con la canción, amonestalle que se atreva a salir o que salga, que haga o que diga alguna cosa que convenga al poeta, o le enseña cómo se deve defender de los maldizientes...» (Cascales 1975: 239240). No noso caso a estanza final é unha máis e, dende logo, non cumpre a función prescrita para o commiato. Na medida dos versos bota man con profusión da licenza métrica denominada sinalefa, incluso en situacións forzadas debido á existencia de pausa intermedia ou de longas e dificultosas secuencias vocálicas (§ 4.1,3). 4. ESTUDO LINGÜÍSTICO 4.1. GRAFEMAS E SONS 1. A rima consoante mantense polo xeral perfecta incluso no timbre das vogais tónicas: / e/ galegaemprega, dïegogalego, proezascerteças, parraguesespaueses e yregesdeseges; / ?/ guerraterra, certadesperta, presençiaausençia; / o/ lastimosacongojosa, esposafermosa. A estas parellas hai que engadir, con toda probabilidade, cedomedo / e/, como corresponde á variante maioritaria do substantivo14; por tanto, o único caso de excepción sería o de ceo / ?/ e feo / e/. 2. O texto dá mostras dalgúns fenómenos do vocalismo átono semellantes aos que se dan na actualidade. Na vacilación [e] ~ [i] pretónico, ms. B mostra maior tendencia á solución pechada, que se advirte en primizas 15 e istimados , se ben nun caso autocorrixe emendándoo en ; a preferencia do ms. A pola solución máis aberta maniféstase, ademais de nos casos anteriores, en formas que hoxe se consideran solucións vulgares, coma principal e <édefiçios> edificios. As dúas copias coinciden en yreges, unha solución aínda hoxe popular, que pecha un grao a vogal pretónica que se mantiña como na escrita medieval. Canto á vacilación [o] ~ [u] que se dá en determinados contextos, en ámbalas copias atopamos compridas e polidas. No topónimo Cruña óptase pola solución sen anaptixe, aínda hoxe popular en toda a contorna.
? ? ? ? ? ?
Nº 364
260