Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
segunda ( 'non nos', 'non me'), e /s/ final e /s/ inicial poden formar un continuum ( 'os sacaron'). 7.3. Morfoloxía e sintaxe O texto ofrece informacións morfosintácticas interesantes, tanto desde o punto de vista do coñecemento gramatical do galego e da súa variación diatópica, coma da cronoloxía dos distintos estadios evolutivos. No comentario que segue salientamos só os trazos máis relevantes para cada unha das clases de palabras; para a relación completa dos rexistros remitimos ó glosario final. 1. Substantivo e adxectivo. O plural dos nomes patrimoniais rematados en é o esperado no occidente (pichés, tonés, barrís, sutís, extensible tamén ó pronome cás 'cales'31), pero ten a carón xa mostras de les: no semicultismo fieles, para o que diacronicamente é explicable a excepcionalidade, e no castelanismo lebreles 'lebreiros', acaso empurrados ambos pola rima con deles; en todo caso, a terminación les é excepcional e está aínda lonxe da xeneralización que se advirte en Sarmiento (a comparación reiterada con Martín Sarmiento e a variedade pontevedresa setecentista apóiase en Álvarez 1997). Os substantivos rematados en engaden es, como panchoz / panchozes32. Os substantivos rematados en consoante nasal engaden , o que indica que xa nesta altura estaban dados os pasos conducentes á forma occidental (ladróns, Gargallóns, peóns, tezeláns, mans, extensible ó determinante vns). Cómpre un comento á parte para a forma mantens, orixinada a partir de mantees (< manteles, de onde se agardaría mantés)33, cunha nasalidade non etimolóxica semellante á que se atopa ocasionalmente na área occidental noutras palabras que remataban en vocal tónica procedente dunha crase, adoito trabada por s (rins, Fins, Cividáns, etc.; cfr. no texto béns, P2 do Ind. Pr. de vir). O diminutivo fórmase co morfo (rrapaziños rapaziños , buraziños buraziños ), incrementado por tras nasal (ladronziños ladronziños ). Está xa testemuñada a terminación án en masc. tezelán34 e mais en fem. man e sabán, así como a terminación en ano para escriuano (substituto do tradicional escribán e variantes) e para o xentilicio sibillano. Sabán 'saba', con cambio de acento e a terminación án dos descendentes de ÁNA, é forma marcadamente dialectal, hoxe circunscrita á beiramar entre o N do Morrazo e o Ulla, alcanzando polo interior as terras de Campo Lameiro e Moraña. Tamén rexistra a perda absoluta da nasalidade en bo / boa, consonte a forma moderna na área. 2. Artigo determinado. Non marca de xeito diferenciado a amálgama de prep. a e artigo, polo que só o contexto nos permite saber cómo interpretar o, a. Ó noso xuízo, son mostras da contracción as seguintes: «e doutro peije preziado que sobraba », , «Rrazón fora dar [...] quatroçentas na tra[seira]», «e non consentir andar mill rrapaziños»; isto autoriza a nosa interpretación dos versos como «que se ó rruyn non
263 Nº 363