13.10.06
unha defensa da fala. Esta, segundo Lugrís, é sagrada e honrada porque é o herdo dos nosos antepasados e porque non se empregou nunca para roubar nin material nin moralmente. A fala galega é honrada porque son honrados os seus falantes, traballadores que se ven obrigados a emigrar para fuxir do caciquismo e da inxustiza. E para combater estas dúas pragas seculares, Lugrís proponlles aos seus paisanos unidade e solidariedade. Para demostrar a eficacia destes remedios cóntalles Lugrís, a xeito de ilustración, dous contos populares, un deles protagonizado por paxaros e outro por unha familia. Nos dous casos o resultado é o mesmo: a solidariedade fai forte e libre a sociedade e, xa que logo, a terra na que nacemos. Esta foi a sinxela e sabia lección dun mestre, Lugrís, que por primeira vez soubo poñer o galego ao servizo do pobo que o fala, para reclamar liberdade e dignidade para o país. A Real Academia Galega, no ano do seu centenario, quere lembrar este acto porque un dos seus fundadores e futuro Presidente foi quen de engrandecer Galicia coa forza da súa palabra.
Xosé R. Barreiro Fernández Presidente da Real Academia Galega
259
Nº 368