Betanzos
do que nin siquera renegan as feras??. Moi emotiva foi a parte do discurso de Lugrís lida polo escritor e académico Neira Vilas: ?Din por ahí que a emigración é cousa boa [?] que lle pregunten ó gallego cantas bágoas verteron os seus ollos ao dar o derradeiro adiós á terra querida, ao cemiterio que garda as cinzas dos seus pais, á aldea quirida onde xogou de pequeno??. O chamamento a loitar contra os caciques, rematou o discurso de Lugrís co berro do tamén escritor e académico Darío Xohán Cabana: ?¡Viva Galicia! ¡Viva a Solidaridá!?. Escoitado e aplaudido o texto do discurso de Lugrís, Manuel Lagares, alcalde de Betanzos, pediu mil anos máis para a lingua galega. A continuación o vicepresidente da Xunta de Galicia Anxo Quintana, fixo un repaso da biografía do autor do discurso destacando a súa faceta de auténtico loitador pola nosa cultura, e rematou a súa intervención coa cita duns versos de Lugrís en defensa da lingua. Pechou o acto a voz grave do Presidente da Real Academia Xosé Ramón Barreiro, que repasou as fecundas achegas de Betanzos á cultura galega na persoa de Antolín Faraldo, para rematar con estas palabras rotundas en defensa da lingua: ?Queda moito por facer, é necesario defender o noso idioma con paixón, porque é o pulso e o corazón que nutre a nosa cultura.? No mitin de Betanzos de outubro de 1907, o discurso de Manuel Lugrís Freire representou un paso importantísimo de cara á normalización da nosa lingua e da nosa cultura. Xa se escribiran os primeiros libros en galego, xa se publicaran xornais enteiramente en galego, xa se tiña feito unha defensa da lingua, pero aínda ninguén fixera
Nº 368
258