Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
xa de San Xoán do Porto, no extramuros tudense, que el atribúe ao trobeiro tamén tudense Golparro:
Outra das cantigas anónimas, aquila fermosa de amigo con que remata o manuscrito, e na que o trobeiro matina que a nomorada vai á romeria de San Treeçon a se bañar no río, sitúanos, axiña de finada a lectura, no camiño do autor. Pra min, ten de ser o xograr Golparro, deica agora coñecido por unha senlleira cantiga do mesmo feitío, onde fai enmenta da romaxe de aquil santo. Sabido é que a ermida de San Treeçom, ou Tirso, era a que no século XIII ocupaba o lugar que logo tivo a de San Xohán do Porto, nos arrabaldos de Tui, e precisamente á beira do Miño. A vecindade da ermida e do río, xa de primeira feita patente nista nova composición, vén dar a meirande seguranza á localización que se tiña postulado. Golparro, cuio alcuñe de gran raposo desdícese da súa non rouba inspiración, sería cicais nado en Tui, a carón da famosa ermida e do río que canta. Unha íntima convinción díceme que o autor dista cantiga é tudense; ninguén me poderá afastar dela.
Dado o seu coñecemento da historia da nosa literatura é significativo o seu traballiño, conservado mecanografado no seu arquivo ata este ano, titulado ?Don Fernando Arias, obispo de Tuy ¿fue trovador??, asinado no ano 1949 no que analiza o papel que este bispo desenvolveu na corte lusitana de D. Dinis. Xosé María Álvarez Blázquez polo seu traballo na librería anticuaria Monterrey coma polas súas pescudas na historia da literatura de Galicia posuía un amplo coñecemento dos nosos escritores. Tampouco nesta materia foi allea a cidade tudense. Así publica no Suplemento dos sábados do vespertino compostelán La Noche, entre outras colaboracións, unha serie de catro traballiños agrupados baixo a denominación de ?Tuy en la novela? onde analiza a presenza da cidade miñota en diversas obras literarias de autores como Leopoldo Martínez Padín, Teodosio Vesteiro Torres, Benito Vicetto, Camilo Bargiela, Mauricio Bracarisse ou o Dr. López de la Vega:
Los pueblos viejos, los que tienen historia, suelen tener también su novela. Santiago, Tuy, Monforte ofrecen al escritor los rasgos firmes de sus fisonomías acusadas, que el tiempo ha ido dibujando con duros trazos de piedra [...]. Son los pueblos como las gentes; y ser pueblo del montón equivale a renunciar, como las gentes anodinas, al canto de los poetas y al doloroso análisis de los novelistas. También las ciudades y las villas pueden ser 'todo un carácter', con recia psicología que los singularice o perderse desdibujados en el triste anonimato de la masa. Santiago, Tuy, Monforte, son pueblos de aquellos, y es grato ir recontando las evocativas páginas donde el latido urbano ha quedado preso a través de la pluma de los novelistas.
E así dedica esta xeira de catro artigos (e algún máis anunciado e nunca publicado) a documentar a presenza de Tui na literatura. Artigos cheos de erudición e coñecemento dos recunchos da historia literaria de Galicia. En concreto son os seguintes: ??Tuy en la novela (I). Los precursores? (15 de outubro de 1949), onde trata do libriño Suspiros del corazón (1845) de Leopoldo Martínez Padín no que figura o relato histórico ?La tea de la discordia?, sobre as liortas de Witiza en Tui, e outros dous relatos publicados en 1878 nun folletón no xornal vigués La Concordia, o primeiro de Teo237 Nº 369