BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Xosé María Álvarez Blázquez nos xardíns da Media Luna de Tui. Tomada da páxina web de Celso Alvarez Cáccamo, http://www.udc.es/dep/lx/cac
Paralelamente publica noutros xornais e revistas varias pezas de creación como o poema titulado ?Emigrantes? en El Pueblo Gallego en 1934 ou o relatiño ?Envexas? publicado no semanrio tudense Tribuna en 1933. Cómpre salientar que a capacidade literaria de Xosé María Álvarez Bláquez quedou patente cando, en 1945, logra coa súa novela En el pueblo hay caras nuevas quedar como finalista na primeira edición do Premo Nadal que gañou Carmen Laforet con Nada. Transcorridos os anos, o propio Xosé María Álvarez Blázquez converterá a cidade de Tui en protagonista principal dalgunha das súas obras de creación, singularmente de Las estatuas no hablan (1955), cuxa acción transcorre en Valmiñán pero que calquera lector pode identificar doadamente con Tui: a descrición da paisaxe, das vellas rúas, mesmo das personaxes dunha poboación que, en boa parte, vivía do contrabando... unha referencia constante á cidade episcopal. Nas páxinas desta novela os tudenses atopamos nomes, xentes, lugares, vivencias... que resultan enormemente familiares, unha descrición da vida ?repousada para uns, tediosa para outros? da tradicional cidade miñota. A ironía é sempre unha constante nesta obra certamente engaiolante. Tamén no mesmo ano, 1955, publica Crecen las aguas, que logra o premio de novela ?Pérez Galdós?, que se desenvolve nos arredores de Tui, na bisbarra do Baixo Miño, cunha entrañable descrición da paisaxe miñota. Tamén haberá referencias a esta terra no seu libro A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). Podemos destacar como tamén na súa obra poética Cancioeiro de Monfero, editada en 1953, figura un poema dedicado á romaría de San Xoán Terson, que se celebraba na igreNº 369 236