Traballos de investigación e estudo
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Os absolutistas denunciárono por afrancesado durante a súa estancia en Valladolid e foi encarcerado durante seis meses. Neste tempo o seu xornal, El Ciudadano por la Constitución, deu a noticia de que ?escribió la Cartilla del Ciudadano Español, manual el más interesante para ilustrar a todo hombre amante de lo justo?44. A Cartilla non é un comentario nin unha esexese da Constitución. É moito máis. En forma dialogada (aínda que con parágrafos moi extensos, o que indica que non foi escrita para ser memorizada) o autor desenvolve todo un tratado de política liberal no que, por suposto, a constitución era o eixe central. Dividida en tres grandes capítulos, abrangue en realidade trinta e unha cuestións nas que se estudan as facultades do home e os deberes naturais. Critica veladamente a nobreza porque vivir sen traballar ?está tan lejos de ser una virtud que es un gravísimo pecado?45. Describe os dereitos naturais, especialmente os de propiedade, o dereito a liberdade, a igualdade e a seguridade. Peña, que coñece ben as constitucións de Inglaterra, Estados Unidos, Francia e Suecia, incardina a Constitución Española (que aínda non fora aprobada pero si discutida) na gran tradición liberal destes países. Neste libro rarísimo46 aparecen outras apreciacións escasamente valorativas para a lingua galega xa que, ?los dialectos particulares no sirven más que para excitar el odio, la rivalidad y la desunión entre los habitantes de las provincias. El apego al terruño no es el amor a la patria y acaso es el enemigo del Estado?47, ou para as mulleres para as que reclama o dereito a voto nas eleccións porque ?no están faltas de consejo ni de previsión y quizá algunas tienen más que los hombres?48 pero inconsecuentemente négalles a capacidade para ser deputadas ?por la debilidad y ligereza de su propio sexo y en que no son por lo mismo capaces de profundas meditaciones ni de arduos trabajos?49. A terceira cartilla política aparecida en Galicia é a de Paz Novoa á que lle dedicaremos un amplo espazo máis adiante. Vexamos agora a literatura política que foi publicada baixo o nome e título de catecismos. O catecismo, mesmo pola súa significación etimolóxica ?instruír por la palabra hablada?50, foi un xénero monopolizado pola Igrexa para a súa catequese doutrinal, especialmente desde a aparición dos dous modelos de catecismo: o de Astete (15371604) e o de Ripalda (15361618) (en realidade Martínez de Ripalda) con centos de edicións en todo o mundo. O modelo de catecismo católico adoptou a forma dialóxica (preguntas e respostas) por considerala a máis didáctica e asemade a mellor para ser memorizada. Pero esa mesma fórmula de preguntas e respostas foi adaptada para a exposición doutras ciencias e artes e, por iso, as obras que a empregaron pasaron tamén a titularse catecismos. Na publicística galega do século XIX hai algúns exemplos de Catecismos históricos51 e de Catecismos sociais52 e, sobre todo, temos o Catecismo do Labrego, xenial creación de
313 Nº 366