BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
dedica á súa nova dona Pura e que posteriormente (en 1907) el mesmo traducirá ao castelán para a compañía Hompanera que a representa. Estreadas, ambas, no citado Teatro Rosalía os días 18 de xullo de 1903 e o 16 de outubro de 1904 respectivamente, así como Minia que se representa no Teatro Jofre de Ferrol o 19 de marzo de 1904. Publica algunhas outras que non chegan aos escenarios como A Ofrenda o los folletos verdes de Don Pepiño, sainete que é logo publicado n'A Nosa Terra e máis tarde, en 1910, o último drama Esclavitú, ofrecido ao seu grande amigo Andrés Martínez Salazar, que si recibe o recoñecemento do público na súa estrea no desaparecido Teatro Circo Emilia Pardo Bazán. Na década seguinte, volve á comedia e escribe O Pazo, que chega ás táboas en Vigo o 21 de abril de 1919, e Estadeíña, escrita en 1921, obras de época que, decasí non conseguen os acados de público das pezas dramáticas que entran dentro desa tendencia militante de que estabamos a falar. E a constante denuncia das lacras sociais que el considera como os principais atrancos ao desenvolvemento integral de Galicia: o caciquismo e a ignorancia interesada do pobo por parte, precisamente, dos mesmos caciques. Lugrís pon, sobre os escenarios, a problemática do país no seu propio idioma. Algo que chega mesmo a escandalizar unha sociedade urbana coma a coruñesa, en moitos aspectos allea a certas denuncias que alí se lle presentan e que responden ao prototipo do ?Señorito de La Coruña?, como síntese da cursilería provinciana máis pobre e mediocre. Lugrís sabe desta especie de persoeiros, coñéceos perfectamente xa que vive no seu mesmo ámbito e participa, en directo, do seu contorno xa que o arrodean polo cotián e practica a liturxia de expresarse na lingua popular que eles desprezan e da que fai patria no dominio cidadán dunha elite desmobilizada e ignorante que non comprende os traballos e amargores que teñen que sufrir os galeguistas para explicar as súas ideas sobre da realidade do país que está vivo a poucos metros do centro, nos mesmos arrabaldes da urbe herculina. Lugrís necesita significarse, non por el, senón pola causa que abandeira e que, paseniño, se vai transformando, no seu interior, nunha causa santa. É membro fundador da Asociación da Prensa da Coruña (1904) e directivo da mesma; un dos académicos fundacionais de número da Real Academia Galega (1906), da que será o seu quinto presidente anos máis tarde (1934), sendo a súa dona, Pura, nomeada tamén académica correspondente no ano 1907, e, como xa dixemos, do sindicato agrario Solidaridad Gallega (1907), faceta esta, a sindical, que non esquecerá no futuro e así, en 1916, funda a Asociación de Auxiliares de los Dependientes de Comercio de La Coruña, que presidirá. Participa na constitución da primeira asociación da Irmandade da Fala (1916), na Academia Galega con semellante composición ideolóxica á de Solidaridad xunto con Antón Vilar Ponte que debe á súa influencia á conversión ao galeguismo, o que non é un caso insólito pois outros persoeiros do patriotismo histórico están tamén no caso de seren ?catequizados? polo Vello Lugrís como se lle coñece desde o seu retorno de Cuba a pesar da curta idade para tal alcume. A súa participación nas Irmandades non é dabondo coñecida pero foi moi intensa e decisiva para a vida destas agrupacións. Participa
Nº 367 68