BIOGRAFÍA DE MANUEL LUGRÍS FREIRE Manuel Lugrís Rodríguez
A personalidade de Manuel Lugrís Freire representa, dentro do amplo segmento galeguista, cultural e político do período tardorrexionalista de finais do século XIX e principios do XX, unha figura chave na transición que leva a formular os principios ideolóxicos harmonizadores do nacionalismo posterior e que, tras a paréntese da ditadura franquista, vai ocupar un lugar determinante na política galega actual. Vincúlase coa mellor tradición, leiga e republicana e tivo, como norte indiscutible, a dignificación e normalización da lingua unida á defensa de Galicia e da xente que a habita, as tradicións, os costumes e, mesmo un etnicismo, aberto e solidario, como cerne da existencia do país como tal. A súa importancia non deriva tanto das bases teóricas que poidan extraerse das ideas, senón desa praxe aplicativa que propón en moitos dos actos que protagonizou na súa vida dedicada totalmente, en tempo e espazo, á causa da autoidentificación galega como obxectivo último e irrenunciable. Autoidentificación que se define en todas as facetas da vida, tanto no mundo da cultura como no eido social e tamén persoal, estando a facer constantemente desta dualidade, complexa co concepto de nación definida, unha constante evidente en todas as súas manifestacións: pensador, polemista, escritor, bardo, político e sindicalista. Así, os fundamentos da ?conversión? ao nacionalismo na súa xuventude, como el poeticamente nos conta nun dos seus textos máis lúcidos, ?Os Primeiros Versos?, son case panteístas e embébenos desa compoñente materialista que, ao mesmo tempo, supón a apelación permanente a unha ética vital de profundo sentido transcendente. Cando relata que
[?] no mes de Nadal do 1.880 camiñando polo quinteiro que dende Oleiros leva ó porto de Santa Cruz, frente de A Coruña, escoita os sons dunha gaita tocada por un fato de rapaces que homenaxeaban ó músico Marcial del Adalid [?]
E remata a narración:
[?] púxeme a ollalo panorama nocturnio que tan en carácter achábase no meu espírito. As sombras comezaban a correrense polo val, mais aínda puiden vela Torre de Hercules no oeste e, no sur, a aldea de Carral. Nesto volvía da foliada o gaiteiro Chinto, amigo meu que, ó pasar por diante da pousada, froreaba unha valente muiñeira. Senteime a escribir, fixen os primeiros versos da miña vida e logo quedei amorroñido? durmido. Cando espertei vin con sorpresa que os versos estaban feitos na agarimosa lingua galega.
Neste inocente texto, que parece sacado das liñas máxicas dun pintor primitivista pola súa sinxeleza e transparencia, latexa ese desexo interior identificativo do que par59 Nº 367