BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
Mais esto de ?libre? encerra algunha miga. Do grego ?????????? ?repetición ou explanación dun texto con outras palabras?, proceden, nos nosos romances, como ti ben sabes, acepcións diferentes: a) ?Explicación de una sentencia por otra, más fácil de entender y percibir? (Aut., s. v. Paraphrasi). b) ?Explicación o interpretación amplificativa de un texto?. c) ?Traducción libre en verso?. d) ?Traducción en verso en que se imita el original, sin tener que verterlo con escrupulosa exactitud?. Inda que non cho sei de seguro, pois non me lembro agora con fixeza de ter comentado con el este termo, dou por certo, pois si que falamos máis dunha vez de en qué consiste o ideal dunha traducción poética ?concordaba por enteiro comigo no dito por Fr. Luis de León?, que a escolla deste título foi decisión súa, modesta e precavida, acolléndose el ó sentido de paráfrasis como ?traducción en verso na que a imitación do orixinal non forza a vertelo ad pedem litterae? (cfr. d) e deixando á facultade ou antollo dos críticos que puidesen considerar a versión dalgún poema como libre sen outro aditamento, o que podería equivaler a ?libre en demasía? (cfr. c). Por regra xeral, e logrouno nos poemas latinos, el quixo aterse ó propósito da acepción d. Sabía ademais, e conviñéramos nelo en conversas comenzadas no vran do ano 1947, que toda traducción, digna, dun texto poético, vese obrigada máis dunha vez, por salvalo espíritu do modelo, a matala letra que o envolvía na lingua allea. O desideratum, na intención de Ramón, polo que toca ás versións do latín, insisto, foi que nas transposicións ó galego alentase o mesmo espíritu do poema orixinal, acomodado á sensibilidade galega e, polo que mira á forma, que encarnase nun corpo análogo, procurando que se achegasen o máis posible á letra orixinaria as consonancias de que podería botar man no galego. Pódoche tomar das súas cartas dous exemplos esclarecedores. Nunha, do 16.IX.1948, de Samos a Cambados, pedíame que lle mandase unha traslación castelá do episodio de Filemón e Baucis, que nos meses daquel vran fóramos lendo en latín, con paráfrase oral miña cando viña ó caso, en Cambados. Fíxena e mandeilla. Gostara moito do relato de Ovidio8. Acusoume recibo, nesta forma, en carta de Samos do 7.X.1948. ?Encantado con Filemón e Baucis: intentaré asentarlos en la Modia o Cacabelos para que reciban dignamente a Júpiter. Creo que en Madrid tendré tiempo de liarme con ellos; buscaré el metro adecuado y te iré mandando, a supervisión, lo que vaya saliendo?. A Modia e Cacabelos son lugarciños labregos ?¡érano!? preto de Cambados, onde había fincas familiares9. Outro feito esclarecedor dos presupostos e propósitos cos que enfrontaba unha versión, é o seguinte. O 9.VII.1950 acusábame recibo, dende Samos, dun poema de Prudencio (Epilogus) que inxerirá logo no libro de Samos: Immolat Deo Patri10. Os meus envíos levaban sempre emparellado, á versión castelá, o texto latino. Escribíame: ?El himno de Prudencio es precioso?. E o 22 daquel mes volvía así ó tema: ?La poesía de Prudencio me gustó tanto que intenté llevarla al gallego; primero, rápidamente, salió esta versión un tanto parafrástica, pero advertí que las amplificaciones no le añadían belleza alguna y le restaban esa encantadora concisión y precisión del latín, que lamento mucho no conocer como quisiera; después, traté de reducirla al número de líneas del original: ninguna de ellas me satisface y las hubiera tirado al cesto, pero me encantaría colocarla, porque responde a mi sentimiento, como introducción o, mejor, como colofón de mi trabajo sobre Samos: te envío las dos para oír tu opinión, para mí decisiva, y para que en el caso improbable de que estimes aceptable el intento me indiques no solo las deficiencias sino si sería posible un zurcido de ambas, o la sustitución de alguna línea?. Non conservo ?tereillos devolto coa resposta? os dous borradores. Tampouco quedei coa copia da carta na que lle daba a miña opinión. Non era arduo facer novo colar con péroNº 364 240