BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
lingüísticas son iguales e independientes de la consideración jurídica o administrativa?, á vez que no artigo 24 se recoñece que toda comunidade lingüística ?tiene derecho a decidir cuál debe ser el grado de presencia de su lengua, como vehicular y como objeto de estudio, en todos los niveles de educación dentro de su territorio?. A Comisión de Educación e Cultura do Congreso dos Deputados debateu a proposta do BNG en sesión celebrada o 9 de abril de 1997 e aprobou por unanimidade o texto seguinte:
El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a que en colaboración con la Junta de Castilla y León estudie la posibilidad de que en función de las disponibilidades de profesorado y de la demanda de alumnado, se pueda impartir la Lengua Gallega en la Zona Oeste del Bierzo15.
5.4. Parlamentos de Galicia: proposicións sobre o galego estremeiro En novembro de 1982, a Comisión de Educación e Cultura do Parlamento Galego aprobou por unanimidade unha proposición non de lei presentada por Camilo Nogueira do partido nacionalista Esquerda Galega ?sobre a cooperación da Comunidade Autónoma no ensino e a protección da lingua galega nas comarcas de Asturias occidental, o Bierzo e Sanabria coas comunidades de Asturias e Castela e León?. E en decembro de 1988 o Parlamento de Galicia aprobou outra proposición non de lei, tamén de Esquerda Galega, ?sobre o ensino e a protección nos territorios de fala galega administrativamente integrados nas CC. AA. de Castela e León e Asturias? na que se instaba á Xunta de Galicia á aplicación da Resolución do 17 de novembro de 1982 relativa á cooperación entre Galicia e as comunidades veciñas para o ensino do galego. En novembro de 1996 Pilar García Negro do BNG presentou no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei na que se instaba á Xunta de Galicia ó establecemento do oportuno ?convénio coa 'Junta de Castilla y León', para programar o estudo da língua galega nas localidades da franxa occidental, nomeadamente do Bierzo, que a teñen como lingua própria? co fin de garantilo estudio como materia no ensino non universitario, prestar colaboración técnica e humana necesaria para que o ensino do galego se poida realizar en breve e realizar tódalas accións prácticas precisas para que se materialice o contido do artigo 21.2 da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística. A devandita proposición foi rexeitada en setembro de 1998, aducindo o partido do goberno (o PP) que cumpría agardar a que Castela e León tivese transferidas as competencias educativas e, ademais, aduciu que xa abondaba cos convenios que a Xunta ten asinados con institucións do Bierzo. En setembro de 1998 Eduardo Gutiérrez, tamén do BNG, presentou unha proposición non de lei semellante, neste caso relativa ó recoñecemento e á promoción do ?uso do idioma galego na zona occidental de Asturias,? que foi reixeitada en abril de 1999.
Nº 363 334