BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
baixo en León, con só o 24,55% (gráfica 2) fronte á alta porcentaxe de Asturias (60,77%) e sobre todo de Zamora (76,9%). As porcentaxes de uso do galego dos pais cos fillos e destes cos pais eran semellantes en Asturias, León e Zamora, pero con forte contraste entre as tres zonas analizadas no informe Rubal: en León eses usos eran baixos, con só o 15,07% da nai co alumno e o 12,3% do alumno coa nai (gráficas 3 e 5), mentres que en Asturias se aproximaban ó 50% (47,3% da nai co alumno e o 43,45% deste coa nai) e en Zamora as porcentaxes eran moi altas (88,8% e 84,69% respectivamente). No ambiente escolar, o uso do galego co alumnado polo profesorado era insignificante en León, con só o 5,6% (gráfica 4), como o era en Asturias (3,5%). E insignificante era tamén o uso do galego do alumnado cos compañeiros na zona de León, de só o 6,81% (gráfica 6). En Asturias empregábao algo máis da cuarta parte dos encuestados (28,35%) e en Zamora case as 3/4 partes (73,1%)11. 5. Marco legal
5.1.Estatuto de Autonomía de Castela e León O Estatuto de Castela e León de 1983 (Lei Orgánica 4/83, de 25 de febreiro) trataba no art. 26.16 do fomento das ?distintas modalidades culturales de la Comunidad?, pero non facía referencia ningunha ás ?modalidades lingüísticas? do occidente, entre as que está o galego de León e Zamora, o asturiano (ou leonés) da zona de Babia e Laciana e da Cabreira e o portugués da Alamedilla (Salamanca), na estrema con Portugal. Na Lei 1/1991 de 14 de marzo (BOE 22 de abril de 1991) pola que se constituíu a Comarca do Bierzo dentro da C. A. de Castela e León tampouco se fixo ningunha referencia á lingua propia dos concellos próximos a Galicia, a pesar de que se creou e regulamentou a devandita comarca por concorreren ?características geográficas, sociales, históricas y económicas en la Comarca del Bierzo, que la singularizan de cualquier otro territorio castellanoleonés?12. Cando en 1998 se entregaron en Madrid no Congreso dos Deputados os textos reformados dos Estatutos de Asturias e de Castela e León o BNG presentou emendas relativas á protección da lingua galega nesas comunidades13. Ó debaterse o Estatuto de autonomía de Castela e León a aprobación dunha emenda do PP e do PSOE permitiu o recoñecemento legal da existencia do galego nesa Comunidade (alínea 2 do artigo 4), aínda que na alínea 1 do mesmo artigo se fala de especial protección e apoio para o castelán nesa Comunidade. O artigo 4 da Lei Orgánica 4/1999, de 9 de xaneiro, do Estatuto de Castela e León quedou coa seguinte redacción:
1. La lengua castellana y el patrimonio histórico, artístico y natural son valores esenciales para la identidad de la Comunidad de Castilla y León y serán objeto de protección y apoio, para lo que se fomentará la creación de entidades que atiendan a dicho fin.
Nº 363 332