Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
situacion sociolingüística do alumnado e do profesorado non universitario nas comarcas estremeiras con Galicia e que no seu día publicou o Consello da Cultura Galega, segue sendo o traballo de referencia sobre o nivel de uso do galego nestas comarcas 9. Nese estudio víase que a comezos dos 90 existía un forte retroceso no uso do galego entre a xeración dos avós, a dos pais e a dos netos, especialmente no Bierzo. A escola, que nestas comarcas non tiña (e practicamente segue sen ter) en conta a realidade lingüística e sociocultural propia, está a ser un forte elemento desgaleguizador.
4.1. Lingua materna En porcentaxes globais en 1992 o galego nas comarcas estremeiras era lingua de instalación inicial do 55% dos pais, do 55,9% das nais e do 36,6% do alumnado. No que respecta a este, os grupos de maior galeguización inicial eran os de clase social máis baixa, os nacidos en hábitats rurais e os subgrupos nos que os pais posuían os niveis de estudios máis baixos (Rubal 1992: 4647). Na Terra EoNavia, cunha poboación de 44.916 habitantes nos 18 concellos máis occidentais de Asturias10 o galego era a lingua materna de 2/3 dos pais (63,5%) e das nais (64%), mentres que descendía ó 43,8% no alumnado. No Bierzo, con 31.038 habitantes en 19 concellos galegófonos, un tercio escaso de pais (31,5%) e de nais (30,7%) tiña o galego como lingua materna, proporción que baixaba ó 16,7% no alumnado. Na zona berciana onde o galego é lingua propia a erosión do tecido lingüístico autóctono foi ?notablemente máis acusada nas xeracións anteriores ca no caso asturiano. Sen dúbida, o emprazamento xeográfico, a influencia nas pautas da conducta lingüística de núcleos urbanos de certa importancia son factores que, entre outros, influíron neste sentido? (Rubal 1992: 50). En Zamora, cun censo de 1.397 persoas en 4 concellos entre a Portela da Canda e a do Padornelo, o galego era lingua materna do 84,6% dos pais, do 100% das nais e do 73,1% do alumnado. Trátase de concellos rurais con malas comunicacións e cun claro predominio do sector primario, o que explica que nesta zona se rexistren as porcentaxes máis altas. A totalidade das nais tiñan o galego como lingua de instalación inicial, e o mesmo se pode dicir dos pais nacidos na zona, pois os que non son de lingua materna galega (16%) son orixinarios de lugares próximos de fala castelá (Rubal 1992: 52). 4.2. Usos lingüísticos Polo que respecta ó uso da lingua, sumando as porcentaxes de ?só galego? e ?máis galego? das gráficas do informe Rubal (1992), pode apreciarse que a nivel familiar o uso era moi alto nas Portelas, relativamente alto na Terra EoNavia e baixo no Bierzo, especialmente na xeración de pais e fillos desta comarca leonesa. Na xeración dos avós o nivel de uso era elevado en León, co 63,97% (gráfica 1), pero máis alto era en Asturias (75,8%) e Zamora (74,97%). O uso do galego entre os pais é
331 Nº 363