BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
equivaler á 'dobre diglosa superposta' que Fasold describiría posteriormente para a situación de Tanzania, onde unha fala local é lingua baixa respecto do swahili, pero este é baixa respecto do inglés (variedade rexional tanzana), que é a lingua alta. A situación macrodiglósica (ou de 'dobre diglosia superposta') corresponde especialmente ó galego de Galicia, pero non ó da Terra EoNavia, do Bierzo e das Portelas, onde a lingua propia desas comarcas está hoxe nunha situación de diglosia conflictiva cun moi acelerado proceso de substitución do galego polo castelán. A tríada macrodiglósica en Galicia fórmana o galego enxebre e variedades locais (lingua baixa), con moi escaso prestixio social tanto para os propios falantes como para quen usa un galego apreso; o galego estándar (lingua media), variedade prestixiada para quen usa o galego enxebre e con certo prestixio para os castelanfalantes porque representa o 'urbano' e non o 'rural'; o castelán na variedade 'rexional' de Galicia (lingua alta), que é realmente a lingua de prestixio para a grande maioría dos galegos A falta de estima pola lingua fai que hoxe os galegófonos bercianos, especialmente a xente maior, considere que a súa é unha ?lingua de ignorantes?, falada ?de portas para dentro?. É a lingua da intimidade, sobre todo de núcleos rurais, pero que tamén se escoita, por ex., en Vilafranca nos regateos e conversas illadas da xente maior que baixa desde Corullón, Cacabelos ou A Veiga de Valcarce. Polo que respecta á xente nova en idade escolar, como sinala Alicia Fonteboa profesora de galego no colexio de Cacabelos, os nenos e nenas, que non teñen conciencia de falar galego, enténdeno ?e a maioría coñecen a lingua polos seus avós e pais, a pesar de que estes a seguen considerando como unha lingua de desprestixio? (López/Noia 2002: 5). Tanto no Bierzo como na Terra EoNavia ou nas Portelas moitos falantes, especialmente a xente maior, afirma que fala mal, que a súa fala é un chapurrado. Esta negativa valoración da lingua tradicional é o resultado da tradicional prostración do galego, coa conseguinte falta de estima. Algo semellante ocorre entre os catalanfalantes da franja aragonesa, que maioritariamente consideran que falan chapurreau, algúns din que patués ou ben, no caso dos falantes de Fraga, fragatí7. Na zona de Cáceres onde se conservan falas galaicoportuguesas, a xente de Valverde da Serra (hoxe oficialmente Valverde del Fresno) que usa un ?galego? máis castelanizado di que fala valverdeiro ou chapurra(d)o, e mesmo cachiporra(d)o. No concello das Ellas e no de San Martiño de Trebello con falas menos castelanizadas empréganse os termos lagarteiro e mañego respectivamente, pero non o de chapurra(d)o8. 4. Usos do galego No completísimo Mapa Sociolingüístico de Galicia realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega non se analiza a situación do galego de Asturias, León e Zamora, como se pode apreciar nos tres volumes publicados nos anos 199496, polo que a investigación de Xosé Rubal, Daniel Veiga e Neves Arza (Rubal 1992) relativa á
Nº 363 330