Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
2.2. O galego dos Ancares A área ancaresa caracterízase pola existencia do mantemento de vocais nasalizadas (abrãeiro 'abelaira', chão 'chan', tard?a 'tardiña', x?esta 'xesta', ua 'unha'), fenómeno vocá? ? ? lico arcaico hoxe en regresión, e pola presencia esporádica de formas coa innovación fonética da gheada (ghato, amigho), insólita no bloque oriental. Presenta fenómenos comúns á área asturiana como o artigo l (l'horto, dixo'l padre) a carón do común o (o padre) e as formas etimolóxica estos 'estes', elos 'eles', tou 'teu' e sou 'seu'; ou ben son comúns só a algunhas falas da área asturiana, como os alomorfos l ~ el do pronome o (síntol 'síntoo', deixóuel ~ deixóul 'deixouno'). Outros trazos propios do ancarés tamén se rexistran na área zamorana, como as formas collí 'collín', dixe 'dixen', ou ben no galego do Bierzo, como ocorre coa vocal temática i de colliu 'colleu', collira 'collera', collise 'collese' dalgunhas falas bercianas. 2.3. O galego do Bierzo Na área orientalcentral as isoglosas da terminación in (plural iños) / iño(s) e llelo / llo, coincidentes no seu trazado, permiten delimitar unha subárea A FonsagradaO CourelO Bierzo na zona norte, coas formas camín e llelo, propias tamén das área asturiana e ancaresa; e unha subárea O ValdeorrasViana (M2), na zona sur da área, coas formas camiño e llo (= lles + o) da área zamorana e do galego común. Á súa vez O Bierzo forma unha microsubárea, na que se inclúe todo o galego de León, agás o dos Ancares. Entre as falas galegas do Bierzo existen diferencias; así, as máis próximas a Galicia presentan ditongo ai en baixo e caixa (tamén baxo e caxa), perda de L e de N (moer, vir), plural cais 'cans' e formas verbais cantabamos e cantaramos con acentuación etimolóxica, cantache coa innovación da terminación palatalizada xeral en galego e as formas colleu, collera, collese con vocal temática e propia dos verbos regulares da 2ª conxugación. Nas falas bercianas máis afastadas de Galicia rexístranse formas como baxo e caxa, moler e venir, plural caes 'cans' e formas verbais cantábamos, cantáramos, cantaste, colliu, collira e collise.
3. Situación de diglosia conflictiva no Bierzo Hai uns vinte anos a situación lingüística do galego en todo o seu territorio lingüístico era diglósica, tal como a definira Fishman, coa presencia dunha lingua alta (a castelá) e dunha lingua baixa (a galega), pero en situación social conflictiva, co galego tratando de gañar ámbitos de usos prestixiosos. A comezos do séc. XXI a situación do galego é macrodiglósica, semellante dalgún xeito á observada por Trumper nos anos 70 en situacións italianas caracterizadas pola superposición funcional de italiano (lingua alta) e de dialetto (lingua baixa) en certos contextos, pola presencia dunha koiné dialectal (lingua media) e pola abundancia de enunciados mistilingües, como ocorría no Véneto. A macrodiglosia de Trumper vén
329 Nº 363