LORENZO VARELA NA ANTOLOGÍA DE LA POESÍA ESPAÑOLA FUERA DE ESPAÑA, INÉDITA E PROHIBIDA (1965) Xesús Alonso Montero
1. DA CENSURA Nestas datas o Ministerio de Información e Turismo, responsable da actividade censoria, foi especialmente duro cos poetas españois da diáspora. En 1967, este Ministerio prohibiu a publicación do meu libro Trinta anos de poesía crítica (19361966). Estudo. Escolma (A protesta de trinta poetas). Gobernaba o Departamento ministerial Manuel Fraga Iribarne, nun momento no que xa estaba en vigor a ?súa? lei, a ?Lei Fraga? (Lei de Prensa e Imprenta do 18 de marzo de 1966). Con esta Lei, coa que suprimiu a Censura (Fraga dixit), estableceuse a figura xurídica da Consulta Voluntaria Previa, arma de dous fíos que tiveron que aturar editores e escritores ata a morte de Franco (1975). Sobre a nova Lei e a escolma que se me prohibiu, publiquei un artigo en 1999 co título ?Un libro meu, de 1957, e a censura 'de' Fraga Iribarne?1. Recentemente volvín sobre o tema, nesta ocasión con documentación que descoñecía seis anos antes: os informes dos funcionarios que vetaron o meu libro2. Dos 94 textos escolleitos por min para estes Trinta anos de poesía crítica (19361966), doce foron chapodados con esta observación aldraxante: ?composiciones especialmente impublicables?. Daquela, residían na diáspora seis dos autores vetados: Avelino Díaz, Ramón D. Villar, Celso E. Ferreiro, Neira Vilas, Luís Seoane e Xervasio Paz Lestón. Por certo, ningún dos dous poemas seleccionados de Lorenzo Varela (?A Ruy Xordo? e ?Manuel Ponte?) recibiu esta descualificación. Debo aclarar que o autocensor que funcionaba en min prohibiu poemas como ?Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados?. ?Un ano despois, en 1968, foi prohibida a antoloxía preparada por Xosé Luís Méndez Ferrín co título Poesía gallega contemporánea3. Nela, a breve e intensa obra poética galega de Lorenzo Varela estaba moi presente. Unha vez máis, o poeta Lorenzo Varela era subtraído ós lectores do seu país: unha forma máis de seguir no exilio, no que xa levaba, fisicamente, máis de trinta anos?4. 2. UNHA CARTA IMPORTANTE DE J.R. MARRALÓPEZ En 1965 ?un ano antes da Lei de prensa e imprenta?, con Fraga Iribarne xa como titular do Ministerio de Información (que era, esencialmente, un ministerio de propaganda e censura), a editorial Guadarrama, de Madrid, presentou, na alfándega correspondente, o volume Antología de la poesía española fuera de España. O responsable desta
9 Nº 366