Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
gal) ata chegar a Sanabria, e desde alí dirixirse finalmente a Astorga, onde comezara o camiño. Seguindo este itinerario, o viaxeiro terá sempre a auga á súa destra, e poderá tamén usar preferentemente o ollo dereito para esculcar a paisaxe. Polo demais, Frei Martín, incansable camiñante sempre que a súa vida retirada llo permitía e insufrible preguntón segundo confesión propia, era plenamente consciente da singular amplitude e densidade da rede fluvial galega, constituída por numerosos ríos, regos e regatos que, dous séculos máis tarde, permitiron a Cunqueiro cualificar a Galicia como ?o país dos dez mil ríos?. Sabedor disto, Sarmiento está seguro de que, camiñando polo bordo da costa e polas beiras de todos os ríos como indica o seu ?arbitrio?, practicamente todos os lugares do noso país poderán ser visitados ou, alomenos, ollados de preto, o que permitirá a obtención dos datos necesarios para a completa descrición de Galicia que se pretende. A empresa requiría a participación de seis homes, dos que deberían ser galegos alomenos catro, para asegurar así un axeitado coñecemento da lingua e realidade galegas por parte dos expedicionarios. Entre os tres principais membros da comitiva, que tiñan que se desprazar a cabalo e convenientemente armados, deberían reunir acreditados coñecementos de física, historia natural, botánica, mineraloxía, augas minerais e medicinais, antigüidades, historia, debuxo, matemáticas, enxeñería, castelán e, sobre todo, galego. A seguridade dos viaxeiros debería quedar garantida polo acompañamento de dous vigorosos soldados, así mesmo galegos, debidamente uniformados e poderosamente armados. Para efectuar as medicións pertinentes, cómpre dispor dun completo instrumental: unha agulla de marear ou compás, un barómetro termómetro, un hidrómetro para pesar as augas, un anteollo de longa vista, un microscopio, un astrolabio, un cuadrante para medir ángulos, unha esferilla armilar de bronce, un libriño para rexistrar as anotacións de campo, unhas táboas trigonométricas e logarítmicas, e un aparello metálico e con rodas para contar os pasos. Tanto as observacións e medidas realizadas como as informacións de todo tipo facilitadas polos paisanos deberán quedar coidadosamente apuntadas e mesmo debuxadas: ángulos, distancias, alturas, rumbos, orientacións, mareas, portos, embarcacións, praias, pontes, lugares, casas grandes, montes, ermidas, mosteiros, santuarios, fortificacións, castelos, monumentos, mámoas, sepulcros, miliarios, inscricións e moedas antigas, muíños, batáns, ferrerías, minas, exemplares dos tres reinos da natureza? Como vemos, e ó igual que ocorrera co Plano de un nuevo y fácil método para formar una General Descripción Geográfica de España y la América, os datos que agora Sarmiento pretendía cartografar superaban con moito o dominio estricto da xeografía, toda vez que o frade benedictino distinguía cinco ramas da Corografía: Corografía Física, Corografía Eclesiástica, Corografía Xentílica, Corografía de Media Idade e Corografía Moder175 Nº 363